Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
O CONCELLO DE BUEU SOLICITA UN POSTO PERMANENTE DE GARDA CIVIL NO MUNICIPIO
[Urbanismo]
[Do Martes, 18 de Abril do 2017 ao Martes, 18 de Abril do 2017]
O alcalde insiste en que é necesario que a Subdelegación de Goberno convoque a Xunta Local de Seguridade ante a inminente chegada do verán
O Concello de Bueu, a través da alcaldía, enviou o pasado 24 de marzo un escrito no que se solicitaba a presenza dun posto permanente de Garda Civil no municipio, ao tempo que demandaba a convocatoria da correspondente Xunta Local de Seguridade. Agora, ante a non resposta por parte da Subdelegación de Goberno, o alcalde volverá remitir un escrito reiterando esta demanda, sobre todo porque está moi próxima a época estival, na que se fai necesario contar con máis medios de seguridade ante o incremento de visitantes e de actividades.
Desde a alcaldía insisten nesta petición, pois a día de hoxe é a Policía Local de Bueu a que se está encargando das labores de seguridade cidadá que non teñen que ver co seu ámbito de actuación, senón co da Garda Civil, cuxo posto se atopa en Marín. Félix Juncal reclama a mesma atención en Bueu ca en todos os concellos da comarca, pois “o que non podemos é seguir aceptando que Marín conte con Policía Nacional e Garda Civil, ademais de Policía Local, que en Moaña e Cangas exista cuartel de Garda Civil e Policía Local, e que Bueu apenas só conte con medios da Policía Local”.
Esta situación explícase no último informe elaborado pola Xefatura da Policía Local de Bueu, onde se deixa patente que este corpo, de competencia municipal, está levando a cabo tarefas relacionadas coa seguridade, como son, a atención telefónica de numerosas chamadas tras as que se fan inspeccións oculares ou exposicións dos feitos. Ademais, o informe tamén indica que se recollen arredor de 225 denuncias anuais nas dependencias municipais, que son trasladadas case na súa totalidade ao posto de Marín da Garda Civil.
Como tamén se advirte no informe, “en moitas ocasións non existe unha patrulla asignada a Bueu como tal, e si asignada para todo o Morrazo”, o que leva a considerar un menoscabo para o concello bueués.
Por iso, e ante a chegada do verán, Félix Juncal reitera que é preciso que “se convoque na maior brevidade a Xunta Local de Seguridade” e insta á Subdelegada do Goberno a manifestarse sobre este asunto que tanto preocupa ao goberno local.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029