Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
ABERTO O PRAZO DE LICITACIÓN DUN ESTUDO DE VIABILIDADE PARA A CONSTRUCIÓN DA PISCINA MUNICIPAL
[Urbanismo]
[Do Martes, 18 de Abril do 2017 ao Martes, 18 de Abril do 2017]
O orzamento é de 7200 euros, IVE incluído, e o prazo de presentación será de 15 días naturais a contar desde a publicación da Plataforma de Contratación do Estado
O Concello de Bueu vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado (con ligazón desde a web municipal) as cláusulas administrativas que rexerán a licitación do estudo de viabilidade para a construción da futura piscina municipal. Segundo xa se avanzara, o orzamento é de 7200 euros, IVE incluído, e o prazo de presentación é de 15 días naturais desde hoxe.
Este estudo, que permitirá tomar futuras decisións, deberá ter en conta o proxecto básico e de execución da piscina municipal de 2014 e a documentación complementaria, e nel explicitaranse as necesidades da poboación no ámbito sectorial que proceda: deportivo, terapéutico, actividades para persoas da terceira idade e/ou nenos/as en idade escolar, e outras que fomenten a saúde e o benestar social. Neste senso, e tal e como se destaca desde o goberno local, trataríase dunha infraestrutura estratéxica para Bueu, pois permitiría que se seguise coas políticas de fomento do deporte e da saúde.
Por iso, o estudo en cuestión deberá indicar as características que debe reunir a instalación, así como aquelas que permitan a maior diversidade de servizos e o aforro de custes, sempre tendo como premisa básica o servizo á cidadanía. Teranse en conta tamén as previsións sobre a demanda de uso e a incidencia económica e social, a valoración dos datos e informes existentes que fagan referencia ao planeamento sectorial, territorial ou urbanístico, os riscos operativos e tecnolóxicos na construción e explotación da obra, o custe do investimento a realizar, e o sistema de financiamento proposto para levar a bo termo esta obra. Segundo se destacan nos pregos, neste último apartado, a empresa que resulte adxudicataria do estudo deberá detallar un diagnóstico DAFO, o custe do investimento a realizar, os gastos de explotación, os ingresos da concesión que virán fundamentalmente dos cobros aos usuarios e usuarias, e unha conta de explotación ou conta de resultados do estudo de viabilidade.
Unha vez adxudicado, a empresa elixida disporá de tres meses para realizar o estudo de viabilidade.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029