Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O CONCELLO DE BUEU HOMENAXEA A RODRIGO PORTELA POLOS SEUS ÉXITOS NA MÚSICA
[Cultura]
[Do Mércores, 19 de Abril do 2017 ao Mércores, 19 de Abril do 2017]
Rodrigo Portela recibe os agasallos por parte do alcalde de Bueu
Rodrigo Portela recibe os agasallos por parte do alcalde de Bueu
O pianista de Bueu vén de gañar o Certame de Novos Talentos Musicais, celebrado o pasado mes de marzo en Santiago
O Concello de Bueu recibiu este martes ao pianista bueués Rodrigo Portela Santaclara, que vén de gañar o certame de Novos Talentos Musicais celebrado en marzo en Santiago. No acto estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, e os concelleiros e concelleiras Carlos Eirea, Martín Villanueva, Teresa López, Inmaculada Rodríguez, Manuel Otero e Ana Isabel Otero. O alcalde fíxolle entrega dunha réplica do faro de Ons e de dous libros, e aproveitou para trasladarlle os parabéns "polos éxitos acadados no eido da música".

Rodrigo Portela é licenciado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e colabora con numerosas agrupacións de diferentes estilos: música actual co obradoiro de composición do Conservatorio, concertos de fusión Bach-jazz, Proxecto Orquestral de Cangas ou Taller Atlántico Contemporáneo. Obtivo o segundo premio na XV International Piano Competition ‘Muzika be sienų’ celebrada en Lituania e o X premio á excelencia musical da Xunta de Galicia.
En Bueu forma parte o dúo RodeArte, unha combinación de voz e piano, xunto á que fora a súa profesora Rosa Cerviño Loira.
Paralelamente completou os seus estudos con masterclases de grandes pianistas de toda Europa como Imre Rohmann (Mozarteum Salzsburgo), Frantisek Malý (Praga) ou María Szraiber (Varsovia).
Asistentes á recepción
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029