Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Ensino
Voltar
ARRANCAN OS OBRADOIROS DE POESÍA IMPROVISADA E REGUEIFAS NOS INSTITUTOS DE BUEU
[Ensino]
[Do Venres, 21 de Abril do 2017 ao Venres, 21 de Abril do 2017]
Obradoiro de regueifas no IES Illa de Ons
Obradoiro de regueifas no IES Illa de Ons
Esta semana o alumnado dos institutos de Johán Carballeira e Illa de Ons tiveron a oportunidade de aprender sobre as regueifas no marco dunha iniciativa comarcal //O 3 de maio celébrase no Auditorio de Cangas o Certame de Poesía Improvisada
As concellerías de Normalización Lingüística dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña están levando a cabo durante este mes de abril unha serie de obradoiros de poesía improvisada e “regueifas” entre os centros educativos de secundaria. Este xoves foi a quenda do IES Johán Carballeira, cuxo alumnado de 1º e 2º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer como compoñer estas coplas da cultura tradicional galega da man de Luís O Caruncho e Pinto de Herbón. Hoxe venres, a concelleira de normalización lingüística, Silvia Carballo, e a de educación, Teresa López, achegáronse ata o IES Illa de Ons, no que se desenvolve o outro dos obradoiros. Carballo recoñeceu que se trata dunha iniciativa “para fomentar a creatividade e a imaxinación da rapazada, ao tempo que se coñecen as tradicións de Galicia dunha forma diferente”.
Nestas primeiras sesións de noventa minutos fíxose un achegamento á improvisación e unha explicación sobre a improvisación en Galicia, no que se traballaron conceptos como o ritmo, a rima, a estrofa, o verso de arranque, o pé forzado etc. A seguinte fase terá lugar o próximo xoves, 27 de abril, cando se desenvolverá unha sesión conxunta no instituto Johán Carballeira a partir das 9.30 horas. Nesta participarán os vinte e cinco alumnos e alumnas seleccionados de cada centro, para logo escoller un máximo de dez que son os que competirán no Certame intercentros de Poesía Improvisada, que terá lugar no Auditorio de Cangas o 3 de maio de 10 a 13 horas. Neste, os gañadores faranse coa tradicional regueifa (roscón) para compartiren.
Obradoiro de regueifas no IES Illa de Ons
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029