Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Medio Ambiente
Voltar
O CONCELLO DE BUEU INICIA UNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL
[Medio Ambiente]
[Do Venres, 21 de Abril do 2017 ao Venres, 21 de Abril do 2017]
Félix Juncal, Martín Villanueva e Manuel Otero na presentación da campaña
Félix Juncal, Martín Villanueva e Manuel Otero na presentación da campaña
Colocaranse varios carteis e folletos polos lugares estratéxicos da vila para apelar á responsabilidade dos donos de mascotas // Así mesmo, nas vindeiras semanas ditaranse diversos bandos sobre uso e limpeza de praias e diversos espazos públicos
“O teu can di moito de ti”. Con este lema arranca a campaña de concienciación ambiental posta en marcha pola concellaría de medio ambiente de Bueu que ten como obxectivo concienciar sobre a responsabilidade que teñen todas as persoas donas dun can ou mascota. Manuel Otero, concelleiro da área, declarou que “antes de facerse cunha mascota é preciso reflexionar sobre se se está preparado para tela”. O edil apuntou que ter un can é unha responsabilidade, que entraña unhas rutinas, como a recollida de excrementos nas rúas, a desparasitación, o seguimento das doenzas ou o resto de coidados sobre o animal. Na rolda de prensa de presentación da campaña, na que tamén estivo presente o alcalde de Bueu e o edil de urbanismo, Otero apuntou que “ a limpeza é o reflexo da cultura e estética dunha vila”.
Mais a campaña busca ir máis alá. E por iso se van ditar nas vindeiras semanas unha serie de bandos da alcaldía referentes ao uso e disfrute das praias e demais espazos públicos, cos que se incidirán nos asuntos relacionados coa hixiene colectiva e o cumprimento das respectivas ordenanzas. Así mesmo vanse activar os mecanismos sancionadores correspondentes tendo en conta a normativa vixente.
Para relanzar estas medidas e chegar ao obxectivo de “excrementos cero”, xa se colocaron unha serie de papeleiras de cor pistacho por diversos lugares da vila morracense, que contan con dispensador de bolsas para excrementos de cans. Neste senso, o alcalde especificou que “é necesario que se utilicen con mesura, xa que é obriga do propietario do animal traer as bolsas da casa”. Así mesmo, Félix Juncal salientou que “pretendemos conseguir que Bueu sexa máis agradable, e que non se fira a sensibilidade ao pasar polos espazos públicos e ver excrementos”.
No caso de que esta campaña non sexa suficiente, o alcalde anuncia que se van modificar as ordenanzas para que se teña maior control sobre os responsables das mascotas.
Cartel da campaña O teu can di moito de ti
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029