Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Obras e Servizos
Voltar
O CONCELLO ACONDICIONA A ZONA DO COMPOSTEIRO DE XOSÉ MARÍA ESTÉVEZ E MELLORA A ACCESIBILIDADE
[Obras e Servizos]
[Do Venres, 21 de Abril do 2017 ao Venres, 21 de Abril do 2017]
Composteiro de Xosé María Estévez
Composteiro de Xosé María Estévez
Ademais, no marco dun convenio con SOGAMA, vanse repartir cincuenta composteiros individuais sobre os que se informará nunha charla con data aínda por decidir
A brigada de obras do Concello de Bueu está ultimando os traballos de acondicionamento do espazo no que se situará o composteiro comunitario de Xosé María Estévez, o segundo que se instala na vila no marco do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
O lugar no que vai funcionar este composteiro é unha parcela máis grande que se vai axardinar, e na que se vén de culminar estes días unha área de petanca, para a que se fará nos vindeiros días unha convocatoria de cara a que as persoas interesadas poidan gozar do seu uso. Segundo declara Félix Juncal, alcalde da vila, esta actuación “supón unha mellora ambiental duns terreos cheos de vexetación que terán unha nova función de área de lecer”. O rexedor apuntou que se está mellorando tamén a accesibilidade da zona e ao lugar no que se instalara fai uns anos unha canastra.
Con esta mellora, o goberno tamén está sopesando a instalación dun asador que favorecerá que as persoas do lugar en particular, e veciños e veciñas en xeral, para a preparación dos seus asados.
Unha vez lista a zona, cara finais da semana que vén, vaise inaugurar o composteiro e acoller ás persoas que se queiran sumar á iniciativa.

Composteiros individuais
Por outra banda, desde o executivo local estanse levando a cabo os trámites necesarios con SOGAMA, e nas próximas semanas agárdase que cheguen ao Concello unha cincuentena de composteiros individuais para repartir entre a veciñanza no marco dun convenio entre ambas entidades para reducir os residuos orgánicos. Neste sentido, o Concello organizará unha charla para informar e inscribir ás persoas interesadas, ademais dunha entrega de folletos e carteis e un curso de formación que será organizado por SOGAMA.
Visita do goberno local á zona
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029