Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Obras e Servizos
Voltar
ESTA SEMANA ARRANCARON AS OBRAS DE REFORMA DA FACHADA DA NAVE DE DEPORTES NÁUTICOS DE PESCADOIRA
[Obras e Servizos]
[Do Luns, 24 de Abril do 2017 ao Luns, 24 de Abril do 2017]
Obras fachada nave de deportes náuticos de Pescadoira
Obras fachada nave de deportes náuticos de Pescadoira
Este proxecto forma parte da renovación dos espazos deportivos de Bueu e lévase a cabo a través dun remanente da Deputación de Pontevedra // Ademais das fachadas, inclúense actuacións de apertura de ventás e tratamento de muros existentes, entre outros
A nave de deportes náuticos de Pescadoira lucirá unha nova imaxe, grazas ás obras de reforma da fachada que comezaron esta semana por parte da empresa adxudicataria, Acry de Promociones y Obras. Precisamente este venres, o alcalde e o concelleiro de obras e servizos, visitaron as obras que se están realizando con cargo a un remanente da Deputación de Pontevedra, e que foi adxudicada a Acry Promociones y Obras por un importe de 15.474,69 €, IVE incluído.
O proxecto tamén contempla a apertura de ventás para que a nave goce de maior ventilación e iluminación. Como complemento aplicarase un tratamento aos muros de pedra existentes, mediante a reparación das xuntas e unha monocapa resistente ao ambiente salino, debido á situación de proximidade da nave ao mar. E por último, inclúese a construción dun muro suplementando o existente na fachada sur (colindante coa praia de Petís), tapando a xunta con tapa inclinada para dificultar o acceso á cuberta a persoal non autorizado.
Esta actuación forma parte dun proxecto conxunto de renovación de espazos deportivos, polo que tamén se vai dotar o Pavillón Municipal Pablo Herbello de 400 asentos de plástico con respaldo, cuxo subministro foi adxudicado a Mecano Sport por un importe de 5.619,24 €, IVE incluído. A previsión do goberno é que estes asentos cheguen ao Concello a finais da vindeira semana.

Últimas melloras nestes espazos
O mantemento destes dous espazos deportivos forma parte da preocupación incesante do goberno local polas instalacións deportivas do municipio. Así, nos últimos meses no pavillón instalouse unha caldeira de biomasa que permite o aforro de enerxía, ademais de 45 luminarias LED na pista polideportiva, con cargo a sendas subvencións do INEGA. Ademais, tamén se renovaron as canalizacións interiores dos vestiarios.
No que atinxe á nave, desta recibiu o Concello a concesión por parte do Ministerio de Agricultura para a súa rehabilitación completa, tendo como obxectivo a remodelación para empregala como almacén, taller de embarcacións e práctica de remo, así como para outras vinculadas con este deporte, motivo polo cal se están levando a cabo diversos proxectos de acondicionamento.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029