Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A ACTRIZ CASILDA ALFARO REFLEXIONA EN BUEU SOBRE A VIOLENCIA MACHISTA
[Igualdade]
[Do Luns, 24 de Abril do 2017 ao Luns, 24 de Abril do 2017]
Autoridades durante o acto de presentación de "Violencia Zero: Mulleres en acción"
Autoridades durante o acto de presentación de "Violencia Zero: Mulleres en acción"
O acto, inserido no programa provincial “Violencia Zero: Mulleres en acción” contou cunha gran presenza do alumnado dos centros da vila, e nel estiveron a presidenta da Deputación, a deputada de igualdade, e o alcalde da vila, entre outros
A Praza Massó de Bueu ateigouse este luns de alumnos e alumnas dos centros educativos de Bueu que puideron ver e reflexionar sobre a violencia machista no marco do programa “Violencia Zero: Mulleres en acción” posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e que inclúe accións artísticas en vinte e cinco concellos da provincia. No acto estiveron presentes a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a deputada de igualdade, Isaura Abelairas, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, ademais doutros edís tanto da corporación, como Teresa López, Manolo Otero (BNG), ou José Manuel Vilas (PSOE).
Carmela Silva comezou a súa intervención apelando ao seu compromiso “coa igualdade de todas as persoas” e facendo un chamamento para concienciar ao conxunto da cidadanía contra unha das maiores lacras que temos na sociedade, e que se dá tanto no ámbito profesional como persoal. A presidenta do ente provincial fixo referencia a que “desde que se teñen rexistros houbo máis de 800 mulleres asasinadas no noso país, unha cifra máis elevada cás vítimas de ETA, polo que é preciso reflexionar”. Silva insistiu na defensa de cambiar o mundo desde a educación, e por iso agradeceu a todo o alumnado a súa presenza neste acto que se desenvolveu no mediodía deste luns.
Pola súa banda, Félix Juncal, alcalde da vila, lembrou o compromiso que o consistorio ten dende hai moitos anos coa igualdade, o que se demostra nos actos que se organizan polas dúas efemérides do 25N e 8M, nas que se recoñece especialmente ás mulleres maiores que foron esquecidas ao longo do tempo e que teñen realizado unha fonda labor na nosa historia. Juncal destacou que “a nova Deputación está traballando cunha nova sensibilidade e nesa loita sempre vai poder contar co Concello de Bueu”.
A acción en concreto consistiu na interpretación dunha peza dramática de reflexión sobre a violencia machista e o que supón ser muller, a cargo da actriz Casilda Alfaro en colaboración con Sonia Rúa, e na que participaron tamén Rosa Gantes, Julia Abal, Dai Peña e María Fernández, ademais de Xosé Rocha ao violoncello.
Outras artistas que están participando neste proxecto arredor dos diversos concellos da provincia son Sax, Odette Fajardo, Lucía Aldao, Uxía Morán, Yolanda Castaño, Fabiola Mecías, Permodus, Sylvia Peceño, Sandra Bejarano, Nana, Marta Cuba, Iria a de Constanza, Lara Buyo e Ana Corujo, Alba Blanco, Ana Arregui, Iria Sobrado, María Roja, Dores Tembrás, Paula Quintas, Basilisa Fiestras, María Lado, Begoña Cuquejo, Amaya González e María Marticorena.

A representación na Praza Massó
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029