Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
BUEU COMEZA ESTA SEMANA AS III XORNADAS DAS ALFOMBRAS FLORAIS
[Cultura]
[Do Mércores, 26 de Abril do 2017 ao Domingo, 14 de Maio do 2017]
Cartel III Xornadas Alfombras Corpus
Cartel III Xornadas Alfombras Corpus
O programa, organizado pola Asociación das Alfombras do Corpus de Bueu, arrancará este xoves, 27 de abril e estenderase ata o 5 de maio, cunha exposición fotográfica, conferencias e gala de homenaxe aos alfombristas
Quedan menos de tres meses para a celebración da festa do Corpus de Bueu (este ano celébrase o 18 de xuño), pero desde a Asociación das Alfombras de Bueu organizan entre finais deste mes e comezos de maio as III Xornadas das Alfombras do Corpus de Bueu, que constan dunha serie de actividades que serán, por terceiro ano consecutivo, a posta de longo desta festa con tanta tradición na nosa vila.
As Xornadas inaugúranse na Sala Domínguez Búa este xoves, 27 de abril, ás 20.30 horas, cunha mostra fotográfica que inclúe imaxes da presenza do Corpus e das alfombras na vila ao longo do tempo, e que foron postas a disposición por diversas asociacións de alfombristas.
O 28 de abril ás 20.30 horas, arrancará a primeira das conferencias no Museo Massó, onde a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fará unha radiografía do impacto económico – turístico que emana da confección de alfombras, tras a que actuará o Dúo RodeArte.
A Comisión Xestora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efémero tamén estará presente nestas xornadas, mediante a súa presidenta, Vicenta Pallarés, que dará unha conferencia o 29 de abril ás 19.30 horas, tamén no Museo Massó, e tras a que actuará o Cuarteto Staccato.
O 30 de abril, Antonio Gómez Conde (sobriño de Maruja Mallo) e Carlos Nuevo Cal falarán ás 18.30 horas sobre a figura e obra de Maruja Mallo. A pintora viveirense tamén estará moi presente na última conferencia, que se desenvolverá o 5 de maio ás 20.30 horas, por parte de Emilio Xosé Insua, quen fará unha recensión histórica sobre esta muller adiantada ao seu tempo.

Gala de homenaxe aos alfombristas veteráns
Un dos eventos estrela terá lugar o 1 de maio, coa celebración ás 18.30 horas, da Gala Homenaxe aos Alfombristas Veteráns no Centro Social do Mar, no que se proxectará un vídeo dos homenaxeados/as no 2016. Este evento é o máis agardado debido a que con el se lembran ás persoas que traballaron arreo ao longo dos anos para manter esta tradición viva na nosa cultura e memoria.
Concretamente, as persoas homenaxeadas serán Elena Filgueira López, Carmen Filgueira López, Pepe Rodríguez Galup, Carmen Portas, Josefa Santaclara Rey, Josefa Álvarez Chaves e Laureana Iglesias Otero (a título póstumo). Ademais, desde a Asociación destacan que este ano se vai homenaxear por primeira vez a unha familia, concretamente a Cabanillas, e ao colectivo de Párkinson Bueu.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029