Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
BUEU CELEBROU A TERCEIRA GALA DE HOMENAXE AOS ALFOMBRISTAS VETERANOS
[Cultura]
[Do Martes, 02 de Maio do 2017 ao Martes, 02 de Maio do 2017]
Gala Alfombristas Veteranos 2017
Gala Alfombristas Veteranos 2017
O acto, inserido no marco das III Xornadas das Alfombras de Bueu, homenaxeou a varias persoas que contribuíron co seu esforzo e traballo a que as alfombras de Bueu sigan presentes hoxe en día
O Centro Social do Mar acolleu este luns a Gala Homenaxe aos Alfombristas Veteranos, organizada pola Asociación Cultural das Alfombras e inserida no marco da III Xornadas das Alfombras Florais de Bueu, que estivo cargada de momentos emotivos nos que se lembrou os comezos da actividade das alfombras e a contribución destas persoas á cultura e historia da vila morracense. Concretamente, homenaxeouse a Elena Filgueira López, Carmen Filgueira López, Pepe Rodríguez Galup, Josefa Santaclara Rey, Josefa Álvarez Chaves e a Laureana Iglesias Otero (a título póstumo). Ademais, e por primeiro ano, a Asociación quixo destacar a actividade realizada pola familia Cabanillas a prol das alfombras, e do colectivo Párkinson Bueu. A todos e todas elas entregóuselles unha figura na que se representa unha muller facendo alfombrista.
Tras a presentación de Carmen Santos, presidenta da Asociación, que “destacou o esforzo e o traballo destas persoas”, o acto comezou coa actuación de Rodrigo Portela, pianista que forma parte do Dúo RodeArte. A continuación, os asistentes puideron ver unha serie de imaxes de cada un/unha dos alfombristas e a evolución dos seus tapices florais ao longo do tempo. Na súa intervención, Vicenta Pallarés, presidenta da Comisión Xestora Internacional de entidades de alfombristas de arte efémero, destacou que “todos os valores das alfombras están encarnados nas persoas hoxe homenaxeadas”, ao tempo que salientou as súas lembranzas e a evolución desta arte ao longo do tempo. “A suma dos alfombristas que nos precederon é un legado”, culminou.
Pola súa banda, o alcalde da vila, Félix Juncal, agradeceu á Asociación por “coller o testemuño desta tradición fai tres anos cando ía decrecendo”. O rexedor destacou a actividade da Asociación a prol da recuperación das alfombras, e tamén que estas cheguen ás novas xeracións e alén das nosas fronteiras.
A gala incluíu tamén o visionado do vídeo dos homenaxeados no ano 2016, aos cales se lles entregou tamén un agasallo, poñéndose o broche final coa actuación do dúo RodeArte, formado por Rodrigo Portela e Rosa Cerviño, ambos naturais de Bueu.

Remate da programación
As actividades das III Xornadas aínda seguen o vindeiro venres, 5 de maio, cunha conferencia a cargo de Emilio Xosé Insua, quen falará no Museo Massó ás 20.30 horas sobre Maruja Mallo e o seu tempo histórico. Ademais, ata o 14 de maio na sala Domínguez Búa pódese ver unha mostra de imaxes antigas.
Estas xornadas monográficas sobre a arte efémera en Bueu véñense organizando desde o ano 2015 cando se fundou a Asociación para así darlle maior difusión a este elemento cultural que distingue un pobo.
Gala Alfombristas Veteranos 2017
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029