Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PRESENTA O SERVIZO MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO ÁS ASOCIACIÓNS
[Mocidade]
[Do Xoves, 04 de Maio do 2017 ao Xoves, 04 de Maio do 2017]
Reunión asociacións voluntariado
Reunión asociacións voluntariado
A concelleira da área, Inmaculada Rodríguez, reuniuse cos representantes das asociacións do municipio para presentar os pasos dados no impulso deste servizo e buscar a súa colaboración
A concelleira de Infancia, Mocidade, Obradoiros Sociais e Voluntariado, Inmaculada Rodríguez, reuniuse este mércores con representantes de asociacións e colectivos municipais para presentar o programa de voluntariado que se vai impulsar desde o goberno local. Durante a xuntanza, celebrada no salón de plenos da Casa Consistorial, a edil destacou a “labor realizada por moitas das asociacións bueuesas, polo que é preciso que aproveitemos este tecido asociativo para crear unha rede de voluntariado conxunta”. Nesa mesma idea abondou Félix Juncal, alcalde da vila, quen salientou que “estamos moi ilusionados por poñer en marcha esta iniciativa”, pois “o que queremos facer é ordenar todo o que xa se está facendo de forma voluntaria desde as asociacións”.
Na reunión presentouse un borrador do regulamento de voluntariado que se está elaborando, ademais de entregarlle a cada un dos representantes das asociacións un formulario para que cubran xunto ás súas necesidades. A idea é pois completar un formulario conxunto para entregar aos posibles voluntarios/as no que se condensen as colaboracións tanto co Concello como coas asociacións nos diferentes eidos. Para esta labor, a concelleira destacou o grande traballo realizado polo alumnado do ciclo de Administración e Finanzas do IES Johán Carballeira, que son os encargados de deseñar os formularios e a base de datos.
O obxectivo deste encontro foi presentar o proxecto e ver as necesidades das asociacións. Tal e como se acordou, a concelleira manterá unha segunda reunión cos colectivos interesados o vindeiro 18 de maio ás 20.30 horas.
Tamén nos vindeiros días se vai convocar a reunión do xurado que vai decidir o gañador/a do concurso de deseño dun logo para o servizo de voluntariado municipal. Nel participan alumnos e alumnas dos centros de ESO, Bacharelato e FP, e o premio estará dotado con 100 €.
Reunión asociacións voluntariado
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029