Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Turismo
Voltar
O CONCELLO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DAS ALFOMBRAS CUNHA CONTÍA DE 9000 EUROS
[Turismo]
[Do Luns, 08 de Maio do 2017 ao Luns, 08 de Maio do 2017]
Sinatura convenio
Sinatura convenio
A Asociación, nacida no 2015, encárgase da confección das alfombras florais, ademais da realización de obradoiros, xornadas e demais eventos relacionados coa promoción
O Concello de Bueu achegará unha axuda de 9.000 euros para a promoción das alfombras florais e do Corpus de Bueu. Así se manifesta no convenio que asinaron esta semana o alcalde da vila, Félix Juncal, e a presidenta da Asociación Cultural das Alfombras do Corpus de Bueu, Carmen Santos.
Desde o pasado 2015, este colectivo asumiu a xestión dunha iniciativa veciñal cuxos gastos e organización recaían con anterioridade no Concello. Se no primeiro ano, o obxectivo era a revitalización e recuperación desta festa e dos tapices florais na vila, ademais do cambio de percorrido para facelo máis accesible, o programa foise estendendo no tempo e no espazo. De feito, as III Xornadas das Alfombras Florais acolleron este ano unha exposición fotográfica que se pode ver na Sala Domínguez Búa ata o 14 de maio, unha serie de conferencias nas que estivo moi presente Maruja Mallo, e unha gala de homenaxe aos alfombristas veteráns.
Ademais, ao longo do ano, os membros da Asociación teñen participado en diversos eventos nacionais e internacionais de promoción das alfombras florais, así como na organización de obradoiros infantís, para maiores etc.
Hai que salientar que o Corpus de Bueu foi declarada Festa de Interese Local no ano 2002 e na actualidade o proxecto de declaración de Festa de Interese Turístico Galego atópase nos últimos trámites na Axencia Galega de Turismo.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029