Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
BUEU CONSEGUE A BANDEIRA AZUL PARA CATRO PRAIAS, A AULA DE CABO UDRA E AGRELO E O SENDEIRO DE UDRA
[Turismo]
[Do Martes, 09 de Maio do 2017 ao Martes, 09 de Maio do 2017]
Izado Bandeira Azul na praia de Portomaior
Izado Bandeira Azul na praia de Portomaior
O Centro de Interpretación de Agrelo estréase con este distintivo outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC)
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) vén de anunciar as bandeiras azuis para os areais de España durante este verán. Así, o Concello de Bueu mantén as catro bandeiras azuis nas praias de Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán. Ademais, a vila morracense consegue o distintivo azul para o sendeiro de Cabo Udra e a Aula da Natureza deste espazo, ao tempo que se estrea o Centro de Interpretación de Agrelo, inaugurado a finais de 2015 tras ser rehabilitado polo goberno municipal.
O municipio bueués recolle un ano máis os froitos das diversas obras e xestións que levan facendo para manter este distintivo que concede a ADEAC como un premio aos concellos que realicen unha labor importante no mantemento e acondicionamento do patrimonio natural. Neste senso, a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Silvia Carballo, quixo resaltar que “conseguimos todas as candidaturas que pretendemos”. Ademais, salientou que con isto se veñen reforzando as políticas medioambientais tanto de Udra e Agrelo como das praias, nas que a calidade das augas é o factor que máis atrae.
Este distintivo valora catro características: a calidade das augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión ambiental e seguridade e os servizos e instalacións
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029