Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
ESCOLARES DE BUEU GOZARON ESTE XOVES DA REPRESENTACIÓN DE ‘A GALIÑA AZUL’ DE CARLOS CASARES
[Cultura]
[Do Xoves, 11 de Maio do 2017 ao Xoves, 11 de Maio do 2017]
Representación de A Galiña azul no Centro Social do Mar
Representación de A Galiña azul no Centro Social do Mar
A sesión, financiada polo Concello de Bueu, celebrouse este xoves ás 11.00 horas no Centro Social do Mar
O Centro Social do Mar encheuse este xoves de rapaces e rapazas dos centros escolares da vila bueuesa para conmemorar anticipadamente o Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Carlos Casares. En concreto, puideron gozar da representación teatral de A galiña azul, obra de Carlos Casares interpretada por Ana Carreira e Manu Polo. O libro foi escrito polo autor ourensán a maneira dunha carta a unha nena chamada Ana que marcha da vila cando é pequena. O rapaz que lle escribe cóntalle anécdotas e acontecementos que ocorreron na vila, fálalle de amizades, do garda, do tolo, da galiña azul, das formigas… O resultado compóñeno cinco relatos: “Querida Ana”, “O peixe da fonte do xardín”, “A bomba da felicidade”, “A Galiña azul”, “A formiga esquiadora” e “O final da historia da galiña azul”.
Nesta adaptación, financiada polo Concello de Bueu, a obra é narrada por Ana, xa maior, quen lembra aquelas historias que Carlos Casares lle contaba por carta cando era nena. A narración oral, a manipulación de monicreques e a interpretación naturalista nuns personaxes e o clown noutros, son as diferentes técnicas espectaculares que se utilizan para desenvolver a posta en escena desta obra que fixo estoupar as gargalladas dos máis pequenos e pequenas.
As persoas encargadas do espectáculo foron Ana Carreira, titulada superior en Arte Dramática ma especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia pola ESAD de Galicia, amais de docente, actriz e narradora oral; e Manu Polo, titulado en Interpretación Textual pola ESAD de Galicia, cun mestrado en Pedagoxía Teatral pola Universidade de Vigo, experto en clown, teatro xestual e creación e manipulación de títeres.
Representación de A Galiña azul no Centro Social do Mar
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029