Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O GOBERNO MUNICIPAL DE BUEU LEVARÁ AO PLENO A PETICIÓN DUN MÉDICO PARA O VERÁN NAS ILLAS ONS
[Medio Ambiente]
[Do Xoves, 11 de Maio do 2017 ao Xoves, 11 de Maio do 2017]
Desde o goberno apoian a proposta presentada pola Asociación de Médicos Interinos de Galicia en relación coa dotación dun servizo médico para o arquipélago das Ons, e máis no verán cando se incrementa o número de visitantes a este espazo
O goberno municipal de Bueu móstrase sorprendido pola decisión da Xunta de Galicia de rexeitar a proposta da Asociación de Médicos Interinos de Galicia en relación coa dotación dun servizo médico para a tempada estival nas Illas Ons, petición que foi rexeitada pola Consellaría de Sanidade, ao esgrimir que o arquipélago non conta cunha poboación permanente.
Neste sentido, Félix Juncal, alcalde de Bueu respondeu hoxe que as declaracións do conselleiro Xesús Vázquez Almuíña deixan claro de forma pública que “este tema é competencia exclusivamente deles”.
Juncal quixo ir máis alá e resalta que hai outra parte coa que “non estamos de acordo, pois falta á verdade o dato de que a día de hoxe se poida ir en barco dende o porto de Bueu e as Illas Ons”. O que se demanda por parte desta Asociación é un asunto que xa levaba pedíndose fai anos por parte das asociacións da illa e incluso polo Concello de Bueu, e que nunca foron atendidas por parte da Xunta de Galicia. Por iso, e dado que esta situación é inadmisible, desde o goberno de Bueu elevarán ao pleno da corporación municipal unha proposta na que se fará fincapé na demanda da veciñanza de Ons e da Asociación, xa que é indispensable que exista un médico na illa que atenda as posibles urxencias que se poidan producir “e máis cando no verán se incrementa considerablemente o número de visitantes neste espazo”.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029