Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
‘AS DO PEIXE’ RECALA ESTE SÁBADO EN BUEU COMO UN HOMENAXE ÁS TRABALLADORAS DA CONSERVA
[Cultura]
[Do Xoves, 11 de Maio do 2017 ao Sábado, 13 de Maio do 2017]
Presentación As do Peixe no Museo Massó
Presentación As do Peixe no Museo Massó
A sesión, inserida no programa Sábados de teatro, terá lugar este sábado ás 21.00 horas no Centro Social do Mar, cun custe de 3.00 € por entrada
O Centro Social do Mar acollerá este sábado a obra de teatro “As do peixe”, da compañía Contraproducións, unha proposta moi agardada debido a que se trata do peche de xira en Galicia destas historias de mulleres da conserva, un mundo en desaparición e que ten moito que ver coa vila mariñeira de Bueu. O alcalde da vila, Félix Juncal, e as actrices Casilda Alfaro e Mónica Camaño presentaron hoxe este espectáculo no Museo Massó, un espazo moi acaído para a temática da obra.
Escrita por Cándido Pazó, e dirixida por Cristina Domínguez da Pena, a representación busca honrar a memoria das traballadoras da conserva.As catro actrices encarnan As do peixe, que non son máis que historias, soños, desexos, frustracións dos centos de mulleres anónimas que deixaron a súa vida neste oficio ao longo das súas vidas. Neste sentido, Casilda Alfaro lembrou que “a obra naceu de entrevistas feitas a unha decena de mulleres das fábricas de Massó en Cangas e Bueu e da conserveira da Illa de Arousa”. Despois este material documental foi remitido a Cándido Pazó, quen fixo unha adaptación de cadros onde se mestura realismo e ficción teatral, emoción e artificio, coa combinación de drama e humor, para establecer unha amena e emotiva comunicación co público. O alcalde de Bueu lembrou “a forza das mulleres da conserva, que fixeron un traballo incrible”.
As actrices destacaron a boa acollida que tivo a obra tanto nos lugares costeiros como no interior. “Cando fixemos a estrea en Ribadavia, as mulleres ao saír dicíannos que faltaban as da pizarra”, recoñecía Mónica Camaño. Así mesmo, a actriz tamén apuntou que “a pesar desa derrota, o público sempre sae con esperanza”.
Pola súa banda, Casilda Alfaro fixo un chamamento a todas as persoas de Bueu a que veñan ver esta obra xa que “con ela van rir, sentir cousas, identificarse e reflexionar”.

Sábados de teatro
A obra, que é a última vez que se representa en Galicia, inclúese no proxecto Sábados de teatro, posto en marcha polo Concello de Bueu coa colaboración da Deputación de Pontevedra e que supón un investimento de 6000 euros, tendo como obxectivo achegar a cultura ás nosas vidas. A programación continuará o 24 de xuño coa obra “Que é o que precisas?” de Expresións Producións e o 23 de setembro, con “O esperpéntico caso do obreiro do futuro”, na que Lautana Teatro se atreverá cunha comedia de forte crítica político – social.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029