Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
SANAMEDIO RECUPERA A TRADICIONAL ROMARÍA DAS LETRAS CON MÁIS FORZA
[Cultura]
[Do Venres, 12 de Maio do 2017 ao Mércores, 17 de Maio do 2017]
Presentación XVIII Romaría das Letras de Sanamedio
Presentación XVIII Romaría das Letras de Sanamedio
A romaría terá lugar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e inclúe actividades para todos os públicos: música, xogos e gastronomía
Sanamedio recupera a súa tradicional Romaría das Letras Galegas, que este ano celebra a décimo oitava edición, tras un parón dun ano. As actividades, organizadas polo Concello de Bueu, a Asociación Cultural Sanamedio, Grupo de Gaitas Liboreiro, o e o Grupo de Danzas Pais de San Roque, celebraranse o 17 de maio no lugar de Sanamedio (Bon, Beluso) a partir das 12 horas e inclúen música, actividades e comida para acoller ás diversas variedades de públicos.
Segundo apuntaron membros da Asociación de Sanamedio, “a idea é que se recupere con máis forza unha festa con moita tradición entre a veciñanza e os arredores nunha contorna privilexiada”.
Míriam Ferradáns, veciña de Bon e recoñecida poeta, será a pregoeira deste evento, que nace coma unha homenaxe a Carlos Casares. A partir das 12.30 horas, comezará o concurso de debuxo para nenos/as cos temas “Letras Galegas” e “Sanamedio”, amenizado pola música das agrupacións Grupo de Danzas Pais de San Roque con Os Liboreiros, Grupo Folclórico Anaquiños, e ás 13.30 horas, xogos populares (tiro a corda, aros, zancos, carreira de sacos e carretillas, pesca no río…)
Xa pola tarde, ás 16 horas arranca o festival infantil coa actuación do Grupo Danzas de San Roque e As Falcatrueiras, e Asociación Cultural Retrouso de Cela.
Ás 17 horas, será a quenda do grupo Inter Noi, que ofrecerá a súa música aos presentes, e a continuación actuarán o Grupo de Baile Anaquiños, Escola de Danza Vila de Baiona.
Ás 19 horas rematarase o concurso de debuxo e entregaranse os premios aos gañadores/as, rematando cunha actuación da comparsa Vou nun bou e un sorteo de rifas.
Dende a Asociación destacan que no recinto da romaría haberá bar, e venda de polbo e racións a prezos populares para todas as persoas que desexen quedarse a xantar.
Cartel Romaría de Sanamedio
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029