Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO
[Benestar Social]
[Do Martes, 09 de Maio do 2017 ao Mércores, 07 de Xuño do 2017]
O prazo estará aberto do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017
Aberta a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018: do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017.

Solicitantes:
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
- Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
- Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que estes reúnan os requisitos de idade ou pensión.
- Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

Modalidades:
Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, segundo a modalidade:
Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Murcia.
Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
Turismo de Interior, coas seguintes actividades:
Circuítos Culturais.
Turismo de Natureza.
Viaxes a Capitais de Provincia.
Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Solicitude de praza:
Se a pasada tempada a persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.
Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
A solicitude servirá para obter a súa acreditación, o que lle permitirá acceder ás prazas do Programa  e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO.

Lugar de presentación:
- A través da Sede Electrónica do Imserso
- Servizos Sociais Comunitarios
- Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Ginzo de Limia, 58. 28029 Madrid)
- No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.
- En calquera das formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Publicas

Máis información
No teléfono 901 109 899 IMSERSO. De luns a venres de 9 a 18 horas.
Por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imserso ou a través do formulario de contacto, pódese solicitar información ou facer chegar consultas.
Prazo de presentación:
Ata o 7 de xuño de 2017.
Concluida esta primera fase, o plazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029