Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas
Voltar
O FICBUEU AUMENTA AS SECCIÓNS E PROXECTARÁ UN CENTO DE CURTAS NO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO
[Cultura]
[Do Luns, 15 de Maio do 2017 ao Luns, 15 de Maio do 2017]
Público FICBUEU
Público FICBUEU
O público gozará entre o 9 e o 17 de setembro de filmes de corenta países seleccionados entre as 1.960 obras recibidas
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) ofrecerá entre o 9 e o 17 de setembro a programación máis ampla dos seus dez anos de andaina, ao proxectar arredor de cen filmes entre os que entran en competición e os que se amosarán noutros espazos. Hoxe danse a coñecer os 25 títulos que concorren á Sección Oficial, mentres que ao longo da semana se irán desvelando a través das redes sociais as obras que integran as seccións paralelas.
Vinte países estarán representados na Sección Oficial, entre os que volve destacar Francia con dez producións ou coproducións, xa que os filmes galos tamén supoñían a maioría das 1.960 curtas presentadas este ano ao FICBUEU. Italia e Reino Unido participan en tres títulos cada un, seguidos de Austria e Suíza con dous. Canda as obras europeas, tamén participarán países dos demais continentes coma Estados Unidos, Australia, Tunisia ou Nepal.
O FICBUEU 2017 contará asemade con outras dez seccións: Galicia, España, Latinoamérica, Panorama, Comedia, Animación, Familiar, Infantil, Xuvenil e Irmandade. A estas hai que sumarlles as curtametraxes seleccionadas na convocatoria para colexios e institutos galegos, dunha banda, e para escolas de formación cinematográfica, por outra, que teñen aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 1 de xuño. No transcurso do festival tamén se presentará ‘Megalópole’, traballo realizado por mozas e mozos con discapacidade da Asociación Juan XXIII no marco das actividades da Área Social financiadas por La Caixa.
Estarán representados uns corenta países, dos 92 que concorreron ao certame, entre eles algúns dos considerados “emerxentes” por ser incipiente aínda a súa produción cinematográfica, como Bosnia ou Dinamarca. No entanto, o programa completarase cunha morea de actividades paralelas, que van desde as conferencias e obradoiros ata encontros con persoeiros do mundo do cine, pasando pola gastronomía, natureza, lecer, etc. O FICBUEU 2017 ten confirmado nestes intres o apoio do Concello de Bueu e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, mentres se atopa á espera de que se resolvan as axudas da Deputación de Pontevedra.

SECCIÓN OFICIAL FICBUEU 2017

Il silenzio: Italia - Francia
Srečno, Orlo! (Good luck, Orlo!): Eslovenia - Austria - Croacia
Dadyaa: Nepal - Francia
Valparaiso: Italia
Ses souffles (Breath): Francia
Balcony: UK
Un grand silence: Francia - Bélxica
Bon voyage: Suíza - Turquía
La plage: Francia
Wald der echos (Forest of echoes): Austria
Irregulars: Italia
Zeev mevoyat (Domesticated wolf): Israel
La laine sur le dos (Law of the lamb):Tunisia - Francia
Voicemail: Alemaña
Jacked: UK
Cléo: Francia
Ruah: Suíza
Leni K: España
Nowhere line: voices from manus island: Australia - UK
Pa fuera: Francia
Samedi: Francia
Fox: Grecia
Le monde du petit monde: Francia
Disco Obu: India - Singapur - USA
Bier & Calippo (Beer & Calippo): Austria
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029