Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE BUEU DÁ LUZ VERDE A DIVERSOS TRÁMITES DE INTERESE MUNICIPAL
[Xeral]
[Do Luns, 15 de Maio do 2017 ao Luns, 15 de Maio do 2017]
Xunta de Goberno Local 15 maio
Xunta de Goberno Local 15 maio
Entre os asuntos que se trataron está a adxudicación do servizo de mantemento de ascensores e elevadores, o do subministro dunha máquina varredora - aspiradora, e o Plan de Seguridade e saúde da obra de Ermelo, entre outros
O Concello de Bueu acolleu hoxe a Xunta de Goberno Local, na que se aprobaron diversos trámites e proxectos de moita importancia para a vila. Así, adxudicouse o contrato do Servizo de mantemento e conservación se ascensores e aparatos elevadores instalados nas distintas dependencias municipais, á empresa Kone por un importe 4428,60 €, IVE incluído.
A proposta da alcaldía relativa á adxudicación do contrato de subministro dunha máquina varredora – aspiradora a Aedbi Schmidt Ibérica S.A. por un importe de 110.110 €, IVE incluído. Segundo avanzou o alcalde da vila, nos próximos días formalizarase o contrato e a continuación a empresa dispón dun prazo dun mes para entregar a máquina.
Outro asunto que se levou a esta reunión foi a aprobación do Plan de seguridade e saúde da obra de rehabilitación da primeira fase de rexeneración urbana do entorno da Igrexa de Ermelo.
E xa fóra da orde do día, aprobouse o expediente de contratación da obra de primeira fase da restauración do estaleiro da Banda do Río, que se acometerá con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación, e que está orzamentado en 315.109,30 €. Tras este trámite, nos vindeiros días licitarase a obra, que é un dos grandes proxectos do goberno local para a vila.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029