Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
AS OBRAS DE REXENERACIÓN DO ENTORNO DE ERMELO COMEZAN ESTE XOVES
[Urbanismo]
[Do Martes, 16 de Maio do 2017 ao Martes, 16 de Maio do 2017]
Visita ao lugar das obras
Visita ao lugar das obras
A empresa adxudicataria, Rocas Graníticas del Condado, presentou un orzamento de 77.000 €, IVE incluído
Este xoves está previsto que arranquen as obras de rexeneración do entorno de Ermelo, que foron adxudicadas á empresa Rocas Graníticas del Condado, por un importe de 77.000 €, IVE incluído, que se realizará con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PPOS 2015) da Deputación de Pontevedra.
Segundo se especifica no proxecto técnico, esta primeira fase vai consistir na rexeneración do entorno da igrexa, que incluirá a substitución do actual pavimento de asfalto por unha solución mixta entre adoquín e enlousado de granito, buscando unha alternativa de tratamento deste espazo máis tradicional e co que se revalorizará ese núcleo histórico tradicional do Morrazo. Neste sentido, os tendidos eléctricos tamén serán soterrados e crearase unha canalización, tamén soterrada, para a recollida de augas pluviais. Seguindo co proxecto, nos límites cos muros tradicionais crearase unha franxa de amortecemento empregando as pedras do antigo empedrado constatado no lugar, tarefa para a que se conta coa supervisión dun arqueólogo.
A revalorización do entorno da Igrexa de Ermelo responde tamén á recente recuperación da súa memoria. Esta antiga construción constitúe un dos vestixios que aínda se conservan do antigo mosteiro. No 1104, posiblemente despois dun ataque normando no que o templo foi destruído, foi restaurado por mediación do arcebispo compostelán Diego Xelmírez e cambiou a súa advocación a San Bieito pola de Santiago. A edificación actual é froito da nova restauración realizada en 1774 con recursos do mosteiro de San Juan de Poio, onde estaba integrada. No seu interior destaca a pía bautismal decorada cunha cruz románica no relevo. A súa estrutura é de sillería irregular e na fachada represéntase unha espadaña barroca.

As obras xa foran licitadas e adxudicadas o ano pasado pero a empresa tivo que renunciar por non poder cumprir coas garantías do proxecto.

Igrexa de Ermelo
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029