Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
NATUREZA E DEPORTE ÚNENSE NO II CROSS POPULAR CABO UDRA QUE SE CELEBRA O 4 DE XUÑO
[Deportes]
[Do Venres, 19 de Maio do 2017 ao Venres, 19 de Maio do 2017]
Presentación do II Cross Popular Cabo Udra
Presentación do II Cross Popular Cabo Udra
A carreira absoluta percorrerá a contorna de Cabo Udra, e espazos como Lagos ou Mourisca, entre outros // As inscricións están abertas ata o 31 de maio na web www.prueba-t.es, aínda que os centros educativos dispoñen ata o 26 para apuntar ao alumnado
Tras o éxito da pasada edición, este ano regresa o II Cross Popular de Cabo Udra, que combinará natureza e deporte nunha contorna privilexiada da costa de Bueu, e que se disputará o 4 de xuño. Os organizadores do evento, a ANPA Cabo Udra do CEIP Montemogos, apuntaron na rolda de prensa celebrada hoxe no salón de plenos da Casa Consistorial que “tras o éxito do ano pasado, agora a nosa proba xa comeza a soar entre a cidadanía”, ao tempo que tamén melloran diversos aspectos relacionados coa organización.
Félix Juncal, alcalde da vila, apuntou que “case non fai falta presentación dun proxecto educativo e de lecer que se converteu xa en social”, e que “se trata dun proxecto que naceu no entorno educativo pero que vai máis alá, destinándose ao público xeral”. Tanto o alcalde como o concelleiro de deportes coincidiron en manifestar o apoio do Concello a estas iniciativas que emanan directamente da sociedade.
Este cross seguirá o mesmo sistema que o ano pasado, integrándose dunha carreira absoluta de 10 quilómetros, e diversas categorías, que van desde os pitufos de 3 anos (2013), pitufos de 4 anos (2012), pitufos de 5 anos (2011), minibenxamín (2009-10), benxamín (2007-08), alevín (2005-06), infantil (2003-04), cadete (2001-02) e popular (a partir de 2000).
Aínda que hai diversos circuítos segundo as diversas categorías, no caso da carreira absoluta destaca a variedade de espazos, que percorrerán a contorna de Cabo Udra, Lagos, Mourisca…
As inscricións están abertas na web www.prueba-t.es ata o mércores 31 de maio. O custe de participación será de 6.00 € unicamente no caso da carreira absoluta e popular, no resto das categorías é gratuíta. Desde a organización tamén destacan que os centros educativos disporán de prazo ata o 26 de maio, cun límite de 500 prazas.
Nesta proba colabora o Concello de Bueu e o Club de Atletismo Corredoiras, ademais doutras administracións e empresas.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029