Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Deportes
Voltar
BUEU ACOLLE ESTE SÁBADO A III BANDEIRA DE TRAINERIÑAS, CLASIFICATORIA PARA O TERRITORIAL
[Deportes]
[Do Venres, 19 de Maio do 2017 ao Venres, 19 de Maio do 2017]
Cartel III Bandeira de Traineriñas
Cartel III Bandeira de Traineriñas
A proba sairá do porto de Bueu o sábado ás 17.00 horas, e servirá de eliminatoria para o Campionato Territorial Sur de Traineriñas
Este sábado, 20 de maio, o porto de Bueu vai acoller a III Bandeira de Traineriñas, unha proba que servirá de eliminatoria para o Campionato Territorial Sur de Traineriñas, tal e como anunciaron hoxe en rolda de prensa membros da directiva do Club do Mar, que estiveron acompañados do alcalde da vila, Félix Juncal, e do concelleiro de deportes, Manolo Otero.
A regata desenvolverase na modalidade de en liña, en quendas lanzadas da mesma categoría cun intervalo dun minuto, e con cinco minutos entre as distintas categorías.
Establecerase como premios unha bandeira para categoría feminina e outra para categoría masculina, para o club con maior puntuación.
Segundo avanzaron desde a directiva do Club do Mar, nesta regata participarán embarcacións de toda a Zona Territorial Sur, os clubs de Amegrove CR, CR Mecos, CR Vilaxoán, CM Bueu, SD Samertolameu, SD Tirán, CCD Cesantes, CR Coruxo e CR Chapela.
Pola súa banda, o domingo celebrarase ás 11.30 horas a final da territorial, na que se clasificarán para o campionato galego. E antes desta final do territorial, ás 10.45 horas, disputarase unha regata de veteráns que contará coa participación de embarcacións do SD Samertolameu, SD Tirán, CR Chapela, CR Rianxo e CM Bueu.
Presentación III Bandeira de Traineriñas
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029