Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ENTREGA ESTE DOMINGO OS PREMIOS JOHÁN CARBALLEIRA DE POESÍA E XORNALISMO
[Cultura]
[Do Venres, 19 de Maio do 2017 ao Domingo, 21 de Maio do 2017]
Cartel VI Festival de Poesía Johán Carballeira
Cartel VI Festival de Poesía Johán Carballeira
O premio de xornalismo entregarase pola mañá no marco dunhas charlas sobre o tratamento da muller nos medios de comunicación, e o de poesía será pola tarde, coincidindo cun recital poético
A concellaría de normalización lingüística de Bueu organiza unha charla sobre a muller e o seu tratamento nos medios de comunicación. Coincidindo coa entrega do XIV Premio Johán Carballeira de Xornalismo, a editora e feminista Llerena Perozo debaterá o domingo 21 de maio, ás 12.00 horas, sobre o tratamento machista que moitas veces se dá nos medios de comunicación e que inflúen negativamente na imaxe outorgada ás mulleres. A idea nace como unha iniciativa pioneira que pretende dar a coñecer o mundo do xornalismo desde unha perspectiva de muller, coincidindo co feito de que este ano as gañadoras do XIV Premio Johán Carballeira na categoría de xornalismo sexan dúas mulleres, María Obelleiro e Montse Dopico.
O acto, que se insire na programación das Letras Galegas, celebrarase na Sala Domínguez Búa, onde tamén se preparará unha exposición con recortes de prensa arredor do tema en cuestión, e fomentarase o coloquio co público asistente. O xermolo destas charlas sobre xornalismo naceu o pasado ano, cando diversos profesionais debateron arredor do papel do xornalismo en galego, co obxectivo de darlle maior difusión ao acto de entrega do certame de xornalismo que se organiza dende o 2002 na vila bueuesa.
Llerena Perozo Porteiro ten desempeñado traballos no mundo da tradución, no teatro, o audiovisual e o protocolo, ata atopar na edición a súa devoción, sendo desde 2014 a responsable de produción en Versátil Servizos Editoriais. Feminista activa, traballa desde o ano 2001 na formación das mulleres para falar en público, estudando o seu papel na comunicación pública dende entón. Ao longo destes dezaseis anos impartiu obradoiros por todo o territorio galego, desde a Casa das Mulleres de Vigo ata A Mariña luguesa, pasando en múltiples ocasións pola libraría de mulleres Lila de Lilith, de Santiago.

Acto de entrega do XX Premio Johán Carballeira de Poesía
Pola súa banda, o acto de entrega do XX Premio Johán Carballeira de Poesía será no Centro Social do Mar ese mesmo día pola tarde, ás 19.00 horas no marco dun recital poético organizado polo Concello coa colaboración da Asociación Ricardo Gómez Buceta. No acto entregaráselle o premio a María Reimóndez, gañadora desta edición co poemario “Galicia en bus”. Ademais, estarán presentes os poetas Dani Costas e Xosé María Álvarez Cáccamo.
Neste acto tamén se vai presentar o libro “A elegancia do século” de Pura Tejelo, que foi a gañadora do certame no ano 2016.
A música poñeráa o cuarteto Staccato da Banda de Música Artística de Bueu.
Cartel entrega premio e charla sobre a muller nos medios de comunicación
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029