Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A ALUMNA ANA QUEIMAÑO SOAGE GAÑA O CONCURSO DE DESEÑO DE LOGO DE VOLUNTARIADO DE BUEU
[Mocidade]
[Do Luns, 22 de Maio do 2017 ao Luns, 22 de Maio do 2017]
Logo voluntariado, deseñado por Ana Queimaño Soage
Logo voluntariado, deseñado por Ana Queimaño Soage
O xurado, conformado polos artistas Camilo Camaño e Marta González e pola concelleira da área Inmaculada Rodríguez, destacou “a cor e o atractivo, así como o reflexo da idea do voluntariado”
O Concello de Bueu xa dispón de logo para o futuro Servizo Municipal de Voluntariado. O deseño seleccionado de entre todos os presentados ao concurso para os centros educativos de secundaria da vila, foi o de Ana Queimaño Soage, alumna de 1º de Bacharelato do IES Johán Carballeira.
O xurado estivo conformado polos artistas Camilo Camaño e Marta González, e pola concelleira de infancia, mocidade, obradoiros sociais e voluntariado, Inmaculada Rodríguez. Entre as razóns para outorgar este premio, dotado con 100 €, están “a orixinalidade da proposta, a cor e o atractivo, así como que esta reflicte moi ben a idea do voluntariado”, destacando a “presenza de conceptos como a man tendida e unha imaxe a partir dunha construción e deconstrución xogando unicamente cunha soa figura xeométrica”.
Para a entrega do premio, desde a concellaría estase barallando a organización dun acto no propio instituto.

Avances no voluntariado
Doutra banda, a creación dun Servizo Municipal de Voluntariado avanza a bo ritmo. A concelleira está mantendo reunións coas asociacións para indagar nas necesidades destas e incluílas nun cuestionario xunto ás do propio Concello. O seguinte paso será presentar o regulamento e manter un encontro coas persoas interesadas en ser voluntarias.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029