Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ABRE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE FOGUEIRAS PARA SAN XOÁN E SAN PEDRO
[Urbanismo]
[Do Mércores, 24 de Maio do 2017 ao Xoves, 15 de Xuño do 2017]
O prazo de solicitude está aberto ata o 15 de xuño // Non se poderán realizar fogueiras nas praias de Area de Bon, Lagos, Portomaior e Lapamán
O Concello de Bueu abre o prazo para solicitar fogueiras para as noites de San Xoán (24 de xuño) e San Pedro (29 de xuño). Así, e tal e como se recolle no Bando da Alcaldía publicado na web municipal, as persoas que desexen realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberán entregar no Rexistro Xeral a solicitude.
Só se poderán autorizar dúas fogueiras por praia, excepto nos areais de Bandeira Azul, é dicir, en Area de Bon, Lagos, Portomaior e Lapamán, nas que non se poderán instalar.
As cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no bando da alcaldía, polo que estas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberá superar en ningún caso os 3 metros de alto. Ademais, están expresamente prohibidas as fogueiras nas praias co distintivo de bandeira azul (Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán) así como no resto dos espazos naturais protexidos do termo municipal.

Nos arquivos de abaixo poderedes descargar o BANDO DA ALCALDÍA e a solicitude.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029