Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
O ALCALDE DE BUEU COÑECE AS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN JUAN XXIII DE CANGAS
[Benestar Social]
[Do Venres, 26 de Maio do 2017 ao Venres, 26 de Maio do 2017]
Foto de grupo
Foto de grupo
O rexedor, acompañado do concelleiro de obras e servizos, visitou este venres as instalacións desta asociación que traballa por lograr que as persoas con algunha discapacidade poidan ter unha vida o máis plena posible
Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Fidel Castro, concelleiro de obras e servizos e relacións institucionais, visitaron este mediodía as instalacións da Asociación Juan XXIII en Cangas, onde puideron coñecer de preto a forma de traballar desde os diversos ámbitos, así como os espazos nos que se desenvolven as actividades. Na visita, desde a dirección do centro explicouse a súa historia, así como as áreas de traballo, ao tempo que se lembrou a vinculación que ten o centro co concello bueués. De feito, as persoas que integran a Asociación participan a miúdo nas diversas edicións dos mercados ecolóxicos que se celebran na vila, así como en exposicións na Sala Domínguez Búa ou mesmo nas actividades físico-deportivas que se organizan desde a concellaría de deportes. Así mesmo, o Concello de Bueu, moi comprometido co centro, xa lle encargou diversos traballos de carpintería que seguirá solicitando de cara a diveros proxectos e eventos.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029