Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO ACOMETE A REPARACIÓN DO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DO CONCELLO
[Obras e Servizos]
[Do Venres, 09 de Xuño do 2017 ao Venres, 09 de Xuño do 2017]
Félix Juncal e Silvia Carballo visitan as obras do parque da Praza do Concello
Félix Juncal e Silvia Carballo visitan as obras do parque da Praza do Concello
Os operarios están reparando as dúas torres de madeira que existen no parque, e xa se repuxo a randeeira para bebés
O Concello de Bueu acometerá nos próximos meses a reparación integral dos parques do municipio e a creación dalgúns novos en diversas zonas, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Con todo, desde a concellaría de obras e servizos están levando a cabo as reparacións urxentes, como acontece no caso do parque infantil da Praza do Concello, onde se substituíu unha das randeeiras para bebés que estaba deteriorada, e xa se están arranxando as dúas torres de madeira deste mesmo espazo, que quedarán listas este venres.
Félix Juncal, alcalde de Bueu, destaca que é unha actuación de reparación por canto o Concello, unha vez recibida a subvención da Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2017 e tramitado o correspondente expediente de contratación, acometerá unha renovación integral do mencionado parque así como doutros do termo municipal. En todo caso, este procedemento vai supoñer aínda varias semanas (meses), motivo polo cal se apela á comprensión da cidadanía porque “os proxectos precisan do seu tempo”.

Proxecto de creación e renovación de parques
Un dos proxectos máis ambiciosos que o Concello levará a cabo no marco da subvención do Plan Concellos 2017, cun importe de 237.846,77 €, será a do plan de mellora sobre diversos parques da vila, no que se destacan actuacións de renovación dos espazos existentes e a creación de novas áreas de lecer. Así pois, os parques infantís da Praza do Concello, o dos Xardíns de María Eugenia e o do Outeiro vanse renovar integramente, instalando neles xogos novos. Así mesmo, crearanse novos parques na Casa da Aldea de Meiro, na antiga escola unitaria de Cabalo e na de Sanamedio.
O proxecto contempla tamén a creación de parques biosaudables en Ramal dos Galos, no Paseo de Pescadoira e no Paseo de Agrelo – Portomaior. Ademais, o skate park de As Lagoas será completado con novos módulos, tal e como acordara o alcalde cun grupo de rapaces e rapazas usuarios nunha reunión este verán.
O Concello aposta pola innovación e valorará a innovación en canto ao deseño e á novidade nos xogos. Esta medida tómase debido ao desgaste das instalacións e á importancia que teñen estes espazos como dinamizadores da aprendizaxe dos máis pequenos/as, ademais de cómo elementos de socialización.
A randeeira para bebés xa foi substituída
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029