Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU DEBERÁ AGARDAR PARA ACONDICIONAR O ESPAZO DO ANTIGO SERRADOIRO DA BANDA DO RÍO
[Obras e Servizos]
[Do Venres, 09 de Xuño do 2017 ao Venres, 09 de Xuño do 2017]
Espazo antigo serradoiro
Espazo antigo serradoiro
A comunicación de Portos de Galicia, ente do que depende o espazo, indica que a autorización deberá aprazarse ata a aprobación do DEUP // O proxecto incluiría o acondicionamento cunha zona de xogos de chave e petanca e outra de aparellos biosaudables
O alcalde de Bueu móstrase sorprendido ante a comunicación recibida esta semana por parte do ente público Portos de Galicia na que se segue retardando a autorización para levar a cabo o proxecto de acondicionamento do espazo que ocupara o antigo serradoiro da Banda do Río. Félix Juncal destaca a súa sorpresa ante esta decisión e máis “cando o Concello se ofrecía a realizar esta obra con fondos propios”.
A idea barallada polo goberno local, e así se lle trasladou a Portos de Galicia no pasado mes de marzo, era aproveitar a licitación das obras de rehabilitación da antiga carpintaría de ribeira da Banda do Río, para seguir mellorando as instalacións neste lugar tan emblemático da cultura de Bueu. Con todo, na comunicación de Portos de Galicia fundamentan o aprazamento da autorización na inminente tramitación do documento de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP), que cualifica esta parcela, pola súa continuidade co parque María Eugenia e a súa excentricidade, como de uso de “integración porto cidade”. Aínda que a actuación sería acorde co citado DEUP, dende Portos declaran que é máis propicio agardar á aprobación deste para iniciar os trámites oportunos de cara a autorizar as obras, que deberían facerse mediante un convenio de colaboración.
Este proxecto insírese no marco da proposta municipal para o acondicionamento e remate do paseo marítimo da fronte de Montero Ríos, que suporía unha intervención de renovación así como unha mellora no acceso ao areal. Neste sentido, e dado que o espazo do antigo serradoiro está sendo empregado na actualidade como aparcadoiro, a proposta de acondicionamento inclúe a creación dun campo de xogo para “chave” e outro para “petanca”, dúas formas de lecer tradicional que se complementarían cunha zona de cinco aparellos biosaudables de ximnasia estática. Esta decisión tómase dada a incesante preocupación do equipo de goberno polo deporte, a saúde e o benestar, así como polo mantemento da nosa cultura e tradición.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029