Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Obras e Servizos
Voltar
O CONCELLO ACOMETERÁ DIVERSAS ACTUACIÓNS NOS XARDÍNS DE MARÍA EUGENIA
[Obras e Servizos]
[Do Venres, 09 de Xuño do 2017 ao Venres, 09 de Xuño do 2017]
Xardíns de María Eugenia
Xardíns de María Eugenia
Neste parque acometeranse melloras na plantación arbórea, no mobiliario urbano e na iluminación
O Concello de Bueu está levando a cabo diversas actuacións nos Xardíns de María Eugenia, na Banda do Río, que van consistir nunha mellora da xardinería, onde se vai proceder á substitución dalgunhas especies vexetais que tiñan pragas desde xa fai tempo, por outras plantas de tipo máis ornamental. Así o avanzou o alcalde de Bueu, Félix Juncal, quen tamén destacou que se está procedendo xa ao baleirado das xardineiras e a introdución dun aporte de terra e substrato para proceder á plantación.
Doutra banda, a actuación comprenderá a mellora no mobiliario urbano, coa reparación dos preto de trinta bancos e a substitución dos barrotes de madeira que se atopan en mal estado. Así mesmo, no que atinxe á iluminación, estase estudando a posibilidade de renovar un total de vinte báculos luminarios, buscando un novo emprazamento e unha substitución por outros tipo LED, o que permitirá seguir aforrando en custes enerxéticos, e que suporá tamén unha mellora na iluminación.
Segundo avanzou o rexedor, xa se está traballando para estas actuacións estean ultimadas tan pronto como sexa posible.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029