Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PRESENTA UN PLAN DE SINALIZACIÓN VIARIA HORIZONTAL PARA O CASCO URBÁN
[Obras e Servizos]
[Do Xoves, 08 de Xuño do 2017 ao Venres, 16 de Xuño do 2017]
O proxecto financiarase con fondos propios e inclúe o repintado de diversas rúas do casco urbano de Bueu // As empresas interesadas en participar no proceso de licitación terán de prazo oito días para presentar as ofertas
O Concello de Bueu financiará con fondos propios un plan de sinalización viaria horizontal para o casco urbán, que inclúe o repintado dalgunhas rúas que se atopan en malas circunstancias. As empresas interesadas en participar no proceso de licitación dispoñen de oito días naturais de prazo tras a publicación do anuncio na Plataforma de Contratación do Estado (con ligazón desde a propia web municipal).
O orzamento total é de 24.188,84 €, IVE incluído, e inclúe o repintado das rúas Matilde Bares, Alfonso Castelao, Canibelos, Ramón Bares, Santán, Johán Carballeira, Xosé María Estévez, José López Cortizo, Rosalía de Castro, Alexandre Bóveda, Francisco Escáneo e o aparcadoiro das Lagoas.
As empresas interesadas deberán presentar unha declaración responsable, un documento de indicación dos datos a efectos de notificacións electrónicas e un anexo relativo á oferta económica, en sobre pechado para garantir o carácter secreto das proposicións. O único criterio de valoración será o prezo
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029