Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O VOLUNTARIADO PRESÉNTASE ENTRE A MOCIDADE DO IES JOHÁN CARBALLEIRA
[Mocidade]
[Do Luns, 12 de Xuño do 2017 ao Luns, 12 de Xuño do 2017]
Acto entrega premio Concurso Deseño Logo Voluntariado na Biblioteca do IES Johán Carballeira
Acto entrega premio Concurso Deseño Logo Voluntariado na Biblioteca do IES Johán Carballeira
A biblioteca do centro acolleu o acto de entrega do premio do concurso de deseño de logo de voluntariado, ademais dun recoñecemento ao alumnado do ciclo de Administración e Finanzas
O Servizo Municipal de Voluntariado de Bueu, que comezará a funcionar nos vindeiros meses, desprazouse este luns á Biblioteca do IES Johán Carballeira, precisamente para facer entrega do premio á gañadora do concurso de deseño do logo para este servizo, que recaeu en Ana Queimaño Soage, alumna de 1º de Bacharelato.
No acto, Félix Juncal, alcalde de Bueu, destacou o apoio que se brinda desde o Concello a estas iniciativas que “nos permiten compartir proxectos e coñecer o que se fai nos centros, ao tempo que tamén presentamos o que nós realizamos”. O rexedor aproveitou para mostrar o agradecemento ao profesorado e ao alumnado dos ciclos medio e superior de Administración e Finanzas deste centro pola súa labor, xa que eles foron os encargados de deseñar a base de datos que se vai utilizar para a posta en marcha e mantemento do servizo.
Na mesma idea abondou a concelleira de infancia, mocidade e voluntariado, Inmaculada Rodríguez, quen fixo unha mención especial cara Ana Álvarez, a mestra que “dirixiu ao alumnado e se comprometeu dende o primeiro momento con este proxecto, sendo un bo exemplo do que significa a acción voluntaria”. A concelleira destacou a importancia do logo seleccionado pois “representa esa man que ofrece axuda, e que está conformada por moitas persoas que achegan o seu pequeno gran de area á sociedade”.
A continuación fíxose entrega dun diploma e dunha camiseta co deseño do logo á gañadora, e ao alumnado do ciclo que axudou na creación da base de datos. Pola súa banda, representantes do alumnado outorgaron ao Concello un pen drive co traballo realizado.
Xa ao remate, a concelleira de ensino, Teresa López, aproveitou para facer entrega do ordenador doado polo Concello para a Biblioteca do IES Johán Carballeira, no marco da colaboración no Proxecto multidisciplinar Entre Rúas, unha iniciativa na que se insiren todos os departamentos do centro e que busca combinar a aprendizaxe práctica coa teórica, conectando ao alumnado coa sociedade. Segundo destacou a coordinadora, Carmen Miñambres, o proxecto está resultando moi proveitoso, posto que se lle dá moita importancia aos procesos.
A concelleira Inmaculada Rodríguez entrega o premio a Ana Queimaño Soage
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029