Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO CONFÍA EN REMATAR A OBRA DE REXENERACIÓN DE ERMELO ANTES DO DÍA DE GALICIA
[Obras e Servizos]
[Do Martes, 27 de Xuño do 2017 ao Martes, 27 de Xuño do 2017]
Visita ás obras de rexeneración Ermelo
Visita ás obras de rexeneración Ermelo
O alcalde e o arquitecto técnico municipal comprobaron esta mañá o avance das obras que está levando a cabo Rocas Graníticas del Condado
Este martes o alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o arquitecto técnico municipal visitaron as obras de rexeneración da contorna da aldea de Ermelo, na que actualmente está traballando a empresa adxudicataria, Rocas Graníticas del Condado. Así, tras as conversas mantidas, o goberno local confía en poder ter culminada a obra antes do 25 de xullo, Día de Galicia, data para a que se está traballando na organización dun acto inaugural e unha romaría no lugar.
O proxecto inclúe a substitución do pavimento de asfalto por outro de mestura entre o adoquín e o enlousado de granito, no que actualmente están traballando e co que se busca unha revalorización deste núcleo histórico tradicional e cerne do Morrazo. Neste sentido, os tendidos eléctricos tamén serán soterrados e crearase unha canalización, tamén soterrada, para a recollida de augas pluviais. A idea é que tamén se coloque unha caseta para agardar o autobús e uns bancos para acondicionar o lugar, no que tamén existirán zonas verdes. A actuación está valorada en 77.000 €, IVE incluído e realízase con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PPOS 2016) da Deputación de Pontevedra.

Unha aldea con moita historia
A revalorización do entorno da Igrexa de Ermelo responde tamén á recente recuperación da súa memoria. Esta antiga construción constitúe un dos vestixios que aínda se conservan do antigo mosteiro. No 1104, posiblemente despois dun ataque normando no que o templo foi destruído, foi restaurado por mediación do arcebispo compostelán Diego Xelmírez e cambiou a súa advocación a San Bieito pola de Santiago. A edificación actual é froito da nova restauración realizada en 1774 con recursos do mosteiro de San Juan de Poio, onde estaba integrada. No seu interior destaca a pía bautismal decorada cunha cruz románica no relevo. A súa estrutura é de sillería irregular e na fachada represéntase unha espadaña barroca.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029