Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A PRAZA MASSÓ ACOLLE A SEGUNDA EDICIÓN DO MOZARTE, UN FESTIVAL DE CREATIVIDADE DA MOCIDADE
[Mocidade]
[Do Domingo, 09 de Xullo do 2017 ao Domingo, 09 de Xullo do 2017]
Cartel MozArte
Cartel MozArte
• O evento celebrarase este domingo entre as 12 da mañá e as 12 da noite, e incluirá diversas disciplinas: cómic, exhibicións ximnásticas, xogos de rol, grupos de música, etc
A concellaría de mocidade e infancia pon en marcha a segunda edición do MozArte, un festival dirixido ao fomento da creatividade entre as persoas máis novas e que busca ser un escaparate para as súas iniciativas no eido artístico. O evento celebrarase na Praza Massó durante o domingo, 9 de xullo, entre as 12 da mañá e as 12 da noite, e incluirá actividades variadas, como son o cómic, exhibicións ximnásticas, xogos de rol, grupos de música....
A idea desta iniciativa, creada o pasado ano, é impulsar a creación como forma de comunicación. Así o destacou Inmaculada Rodríguez, a concelleira de mocidade do goberno bueués, quen estivo acompañada do alcalde, Félix Juncal e do tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva na rolda de prensa desta mañá.
Cun aumento na programación con respecto ao pasado ano, o festival constará de tres partes. Pola mañá, ás 12.00 horas, actuará o Grupo de Baile Moderno de Sara Estévez, que fará unha exhibición de media hora. A continuación, terá lugar unha representación de ximnasia artístico - acrobática a cargo do Club de Ximnasia de Pontevedra. E ás 13 horas, exhibición de Jugger, un deporte que naceu coma un xogo a partir da película Sangre de héroes, e que consiste nunha mestura entre rugby e esgrima sen técnicas violentas.
Ademais, entre as 12 e as 14 horas, haberá dous obradoiros: o primeiro será impartido por Corvus Belli, unha empresa canguesa con sede no polígono de Castiñeiras, que presentará o seu xogo Infinity, unha estratexia de mesa con miniaturas elaboradas con moito mimo e que recrean unha realidade distópica dun mundo futuro no que xa nada é coma na actualidade. A idea desta actividade é que poidan participar nela a rapazada de 11 anos en diante.
Outro obradoiro que se desenvolverá ao mediodía será o de cómic que impartirá Joshua Acuña Martínez, no cal ensinará técnicas básicas de como crear unha historieta. Segundo destacou a concelleira, mentres se desenvolven estas dúas actividades, haberá na Praza Massó unha mostra de cómic na que participarán as librarías bueuesas (Miranda, Abrente e Marpau) e a especializada Wells, con sede en Cangas.
Xa pola tarde, ás 19 horas, volverá desenvolverse o obradoiro de cómic e de Jugger, neste último caso facendo unha explicación breve das regras do deporte e fomentando un xogo aberto para as persoas que se acheguen.
Á noite, a partir das 20.30 horas, é a quenda da música, coa actuación de catro bandas locais, que ofrecerán os seus mellores temas ata a media noite. Concretamente serán Combo Escola do Valado, Tom (Tales Of Monkeys), The Water Parties e The Dragon Wave.
Dende a concellaría de mocidade queren destacar especialmente a colaboración de todas e cada unhas das persoas, entidades e grupos que participan neste proxecto.
Presentación MozArte na Praza Massó
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029