Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
PROBLEMAS NO ABASTECEMENTO DE AUGA
[Obras e Servizos]
[Do Xoves, 06 de Xullo do 2017 ao Xoves, 06 de Xullo do 2017]
Apélase á conciencia da poboación para que se reduza o consumo de auga ao mínimo imprescindible
Con motivo da avaría na rede de abastecemento de auga de Pontevedra Marín-Bueu que tivo lugar este martes ao mediodía, estamos tendo problemas no noso municipio, motivo polo cal apelamos á conciencia da poboación para que se reduza o consumo de auga ao mínimo imprescindible.
Iniciamlmente estaba previsto que o servizo se restablecese este mediodía, polo que non ía ter incidencia en Bueu porque cos nosos recursos hídricos era suficiente, pero xurdiu un contratempo no momento de restablecer o servizo en Pontevedra. Así, durante as próximas horas sufriremos restricións e desabastecementos nalgúns lugares, especialmente nas zonas máis altas. Iremos informando na medida en que haxa novidades e confiamos en que no día de mañá (sempre que se solucione en Pontevedra) quede normalizado o servizo. Así e todo, por parte do Concello, estudarase a posibilidade de trasladar auga puntualmente mediante camións cisterna aos puntos nos que sexa estritamente necesario.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029