Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU IZOU AS BANDEIRAS AZUIS NAS PRAIAS 2017
[Turismo]
[Do Venres, 07 de Xullo do 2017 ao Venres, 07 de Xullo do 2017]
Acto izado da Bandeira Azul na praia de Lagos
Acto izado da Bandeira Azul na praia de Lagos
O acto simbólico tivo lugar este venres na praia de Lagos, un areal que o ano pasado perdeu o distintivo pero que sempre foi unha prioridade do goberno local
A praia de Lagos acolleu este venres o acto simbólico de izado das Bandeiras Azuis 2017, no que estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, a concelleira de turismo, Silvia Carballo, e o concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro. Este acto dá inicio á tempada estival, tras a colocación das correspondentes bandeiras nos areais de Lagos, Portomaior, Lapamán, e Area de Bon, distintivo outorgado pola ADEAC.
O acto deste ano fíxose na praia de Lagos xa que, aínda que o ano pasado se perdeu este distintivo debido á imposibilidade de conseguir socorristas a tempo, leváronse a cabo diversas xestións para que nesta tempada a Bandeira Azul volvese ondear. Así mesmo, hai que destacar que xa están traballando os trece socorristas, sete dos cales se contrataron con cargo ao Concello e os seis restantes mediante a FESSGA (Federación de Socorrismo e Salvamento de Galicia).
Ademais, a vila bueuesa conseguiu este ano o distintivo azul para o Centro de Interpretación de Agrelo, que se estrea este ano por vez primeira, e para a Aula da Natureza de Cabo Udra, ademais de para o sendeiro de Cabo Udra.
O municipio bueués recolle un ano máis os froitos das diversas obras e xestións que levan facendo para manter este distintivo que concede a ADEAC como un premio aos concellos que realicen unha labor importante no mantemento e acondicionamento do patrimonio natural.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029