Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
OS VIAIS DE MEIRO-ERMELO E DE RÚA NOVA-A ROSA, PRIORIDADES DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
[Obras e Servizos]
[Do Xoves, 13 de Xullo do 2017 ao Xoves, 13 de Xullo do 2017]
Visita ao vial da Rúa Nova-A Rosa (Beluso)
Visita ao vial da Rúa Nova-A Rosa (Beluso)
Durante a visita de hoxe, os técnicos da Deputación e o alcalde de Bueu viron estes dous viais aos que se lles vai dar prioridade
Os técnicos provinciais visitaron hoxe diversos lugares do municipio para ver as obras máis prioritarias en canto ao mantemento viario. Así, Félix Juncal, alcalde de Bueu, tamén estivo presente xunto ao concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, e o deputado de cultura, Xosé Leal.
No marco desta visita técnica, Juncal destacou que a prioridade que dende o Concello se lle trasladou á Deputación de Pontevedra é que se melloren as estradas que van dende a Rúa Nova ata a Rosa en Beluso, e de Meiro ata Ermelo. Esta urxencia susténtase no mal estado de conservación dos dous viais, e por iso se vai mellorar a seguranza peonil nestas zonas nos que hai unha gran afluencia de persoas que percorren o lugar.
No caso concreto de Meiro - Ermelo, trátase dun vial no que fai unha década se aplicou un plan de ensanchamento que non se completou. Por iso, a día de hoxe, é unha actuación prioritaria que urxe rematar, e na que se van incluír tamén espazos seguros para facilitar a mobilidade das persoas nos núcleos de poboación.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029