Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Veciños
Voltar
O CONCELLO DE BUEU APROBOU INICIALMENTE OS ORZAMENTOS E O PLANTEAL DE PERSOAL DO ANO 2017
[Veciños]
[Do Venres, 28 de Xullo do 2017 ao Venres, 28 de Xullo do 2017]
Pleno de aprobación dos orzamentos 2017
Pleno de aprobación dos orzamentos 2017
A proposta estará exposta ao público durante un período de 15 días hábiles para a presentación de posibles alegacións // O gasto deste ano esténdese a 5.705.000 € e o de ingresos a 5.750.000 €
O Concello de Bueu aprobou este venres, nunha sesión plenaria extraordinaria celebrada ás 9.00 horas da mañá, os orzamentos e o plantel de persoal do ano 2017. Os orzamentos xerais ascenden a unha cantidade de 5.750,000 € en canto a ingresos, e de 5.705.000 € de gastos, unhas cantidades que demostran a boa evolución financeira do Concello nestes últimos anos, sobre todo dende que no 2012 se aprobara o Plan de Axuste. Así o destacou o concelleiro de facenda, José Inocente García Cuervo, durante a súa intervención, cando destacou que o exercicio do 2016 se pechou cun superávit de 1.000.000 €, ademais de que se reduciu o remanente negativo en máis da metade. Así mesmo, o período medio de pago a provedores sitúase en 2,43 días, e a débeda financeira en arredor do 20%.
No mesmo senso interveu o alcalde, Félix Juncal, quen resaltou a mellora financeira e a proposta destes orzamentos “realistas e rigorosos, que teñen como base a evolución do último ano”. Para rematar, declarou que “estamos satisfeitos do funcionamento da área económica do Concello, tanto na obtención de ingresos como no control de gastos o que, sen prexudicar os servizos e políticas sociais, nos van permitir seguir nesta liña os vindeiros anos”.
A proposta foi aprobada cos votos a favor do BNG, e coa oposición do PP e máis do PSOE. Agora, o documento cos orzamentos estará en exposición pública durante 15 días hábiles para a presentación de posibles alegacións por parte da cidadanía. No caso de que nese período non existan reclamacións, o orzamento aprobarase xa definitivamente.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029