Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
BUEU CELEBRA A MAIORÍA DE IDADE DA FESTA DO POLBO COA QUE SERÁ A EDICIÓN MÁIS ESPECIAL
[Turismo]
[Do Venres, 28 de Xullo do 2017 ao Venres, 28 de Xullo do 2017]
Presentación da XVIII Festa do Polbo no Museo Massó
Presentación da XVIII Festa do Polbo no Museo Massó
A festa celebrarase do 11 ao 13 de agosto, e incluirá unha vintena de especialidades de preparado deste cefalópodo ademais do tradicional polbo á feira // O pregoeiro será David Novas, recoñecido actor da vila
O Concello de Bueu, xunto coa Confraría de Pescadores San Martiño, organiza do 11 ao 13 de agosto a décimo oitava edición da Festa do Polbo, que se celebrará no campo da Estacada e que ofrecerá a posibilidade de degustar máis dunha vintena de especialidades e formas de cociñar este cefalópodo. Así o destacaron na rolda de prensa celebrada esta mañá no Museo Massó, e na que estiveron presentes Félix Juncal, alcalde da vila, Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, Raquel Parada, representante do restaurante O Rincón de Cela, Pilar Otero, xerente da distribuidora Rosa de Los Vientos, e David Novas, o pregoeiro.
Silvia Carballo destacou que se trata dunha festa que “non só é gastronómica, senón que tamén ten un cariz de promoción do produto da nosa ría”. Por iso, e co obxectivo de que o polbo certificado coa marca PescadeRías sexa valorizado, organizarase o xoves 10 de agosto unha visita á Praza de Abastos de Bueu, na que os asistentes terán a posibilidade de aprender sobre a pesca e a venda deste produto, así como das diversas formas de cociñalo. Para esta actividade contarase coa colaboración de PescadeRías e do restaurante O Rincón de Cela.
A festa arrancará o 11 de agosto ás 19.30, momento dende o que xa se poderá gozar das especialidades e do polbo á feira, que tamén serán ofertados o sábado de 12.30 a 16.30 e de 19.30 a 00.00, e o domingo, das 12.30 a 16.30 e das 20.00 a 00.00 horas. As variedades, que se darán a coñecer a vindeira semana, terán un custe de 5.00 € e de 8.50 €, segundo a ración. Tal e como explicaron os presentes, a ración que antes custaba 7.50 € increméntase un pouco de prezo, dado que a campaña de polbo deste ano foi menor e a captura de produto reduciuse considerablemente.
A que será a festa máis especial e emotiva, inclúe a actuación da Banda de Gaitas Manxadoira o sábado, seguida do pregón a cargo de David Novas, modelo e actos nado en Bueu e que ten participado en series tan recoñecidas como Serramoura ou Vidago Palace, ademais de ser da canteira do grupo de teatro do IES Johán Carballeira coñecido como Comediantes Anónimos. Durante a súa intervención, o actor mostrou o seu agradecemento por esta oportunidade e declarou que “cando o talento é loado fóra, que mellor que te recoñezan na casa”. Así mesmo, e como bo bueués, David Novas convidará ás súas amizades madrileñas a vir gozar do polbo.
Félix Juncal, alcalde da vila, asegurou que, “esta edición será a máis especial, xa que se fusionará comida, espectáculo e divertimento”, e que se trata dun evento moi consolidado que xa está no imaxinario colectivo.

Actuación de Pelepau
Dado que o ano pasado se contou co grupo Treixadura e resultou unha experiencia complementaria moi interesante para este evento, desta volta será a quenda de Pelepau, un grupo vigués conformado por doce percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música tradicional de recoñecido prestixio nacional.
A actuación terá lugar o domingo, 13 de agosto, ás 19.30 horas, na mesma carpa do Campo da Estacada.

Cartel XVIII Festa do Polbo
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029