Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Desenvolvemento Local
Voltar
ABERTO O PRAZO PARA A CONCESIÓN DEMANIAL DOS POSTOS E BANCADAS VACANTES DA PRAZA DE ABASTOS DE BUEU
[Desenvolvemento Local]
[Do Luns, 31 de Xullo do 2017 ao Luns, 07 de Agosto do 2017]
Nas bases ofértase o posto nº 13 e as bancadas 4,5,6,7 e 11, e as ofertas poden presentarse ata o luns 7 de agosto // A documentación a entregar para participar no proceso deberá ir dividida en dous sobres
O Concello de Bueu abre o prazo para a concesión demanial de postos e bancadas vacantes na Praza de Abastos. Concretamente, e tal e como se estipula nas bases que foron publicadas no BOPPO deste luns, hai libres o posto número 13, e as bancadas 4,5,6,7 e 11. O prazo de presentación é de cinco días hábiles, é dicir que remata o luns 7 de agosto. Á solicitude deberá unirse copia do DNI e/ou CIF, no caso de ser solicitada por persoa xurídica; xunto cunha declaración responsable, segundo o modelo que se establece nas propia bases, e que se pode descargar nos arquivos de abaixo.
As proposicións deberán presentarse en dous sobres pechados denominados A e B. No primeiro, denominado de “Documentación Xeral”, expresará, xunto co nome do licitador, enderezo, número de teléfono e fax, e conterá a declaración responsable (Anexo I) e a copia do DNI e/ou CIF, no caso de ser solicitada por persoa xurídica. No sobre B, referente á oferta económica, incluirase a oferta económica formulada polo licitador conforme o Anexo II e referirase ao posto ou bancada ao que se opte.
A duración da concesión será de catro anos a contar dende a data de formalización do contrato, sen posibilidade de prórroga, e só se poderá ser adxudicatario dun posto ou bancada.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029