Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU COMEZA A CONSTRUCIÓN DUNHA RAMPLA DE ACCESO Á PRAIA DA BANDA DO RÍO
[Urbanismo]
[Do Luns, 31 de Xullo do 2017 ao Luns, 31 de Xullo do 2017]
Obras de construción da rampla de acceso á Banda do Río
Obras de construción da rampla de acceso á Banda do Río
As obras estanse levando a cabo con cargo aos orzamentos municipais e rematarán esta semana // O obxectivo é volver comunicar esta praia co centro urbano
O Concello de Bueu comezou este luns a construción dunha pasarela de acceso á praia da Banda do Río, que se está colocando xunto ao monumento de Johán Carballeira e que ten como cometido facilitar de novo a comunicación entre a explanada da entrada portuaria e o paseo marítimo, favorecendo así a súa integración no centro urbano.
As obras, que están sendo levadas a cabo pola empresa Acry con cargo a orzamentos municipais, está previsto que rematen esta semana, segundo avanzou o alcalde, Félix Juncal, tras a visita de hoxe ao lugar.
A construción desta rampla foi unha petición formulada polo goberno municipal dado que fai xa un ano se quitara, por parte de Portos de Galicia, a anterior pasarela de madeira dado o estado de deterioro da mesma. Ante esta situación, o Concello enviou un oficio para solicitar a súa reposición ou ben a autorización para a construción da mesma. A finais de xullo, Portos de Galicia remitiu un oficio no que autorizaba dita actuación por parte municipal, tal e como así se está realizando.
Por outra banda, o Concello tamén levou a cabo na contorna da Banda do Río, máis concretamente nos Xardíns de María Eugenia, unha renovación dos bancos que locen agora cun aspecto máis moderno, e tamén se están cambiando as farolas. Así mesmo, na rúa Rosalía de Castro colocáronse unas novas xardineiras de madeira con camelias. Tanto os bancos como estas xardineiras foron confeccionados pola Asociación Juan XXIII de Cangas.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029