Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A ALDEA DE MEIRO VIVIRÁ ESTE SÁBADO UNHA BUSCA DO TESOURO, COS LIBROS E A NATUREZA COMO PROTAGONISTA
[Mocidade]
[Do Luns, 31 de Xullo do 2017 ao Luns, 31 de Xullo do 2017]
Cartel En busca do tesouro Meiro
Cartel En busca do tesouro Meiro
A actividade desenvolverase na contorna de Meiro e vai destinada á rapazada de entre 5 e 17 anos // Será o sábado, 5 de agosto, ás 10.00 horas diante da Casa da Aldea de Meiro, e non é necesaria inscrición previa
“En busca do tesouro” é a nova actividade que pon en marcha este sábado a Axencia de Lectura de Meiro, coa colaboración do Club Golfiños, a Asociación de Veciños A Morada, e o Concello de Bueu. Así, segundo explicou o voluntario da Axencia, Daniel Durán, durante a rolda de prensa desta mañá, trátase dunha actividade “na que a rapazada deberá atopar o cofre do tesouro axudándose de pistas de libros e un mapa”. Concretamente, o desenvolvemento da actividade farase mediante grupos, que se conformarán no lugar de saída e que terán un mínimo de entre tres e seis participantes.
A actividade desenvolverase a partir das 10.00 horas diante da Casa da Aldea de Meiro, e poderán participar os rapaces e rapazas de entre 5 e 17 anos. Non se precisa inscrición previa e é de balde.
Na rolda de prensa de hoxe estiveron tamén a concelleira de mocidade e infancia, Inmaculada Rodríguez, o vicepresidente da Asociación de Veciños A Morada, Xosé Antonio Portela “Seso”, e a monitora do Club Golfiños, Araceli Piedras.
O gañador ou gañadora será agasallado cun lotes de libros doado polas librarías colaboradoras da vila, Abrente, Miranda e Marpau, así como pola Editorial Galaxia, entidades ás que dende a organización agradecen o seu apoio.
Pola súa banda, a concelleira de mocidade destacou que se leven a cabo estes eventos que “teñen como eixo a cultura, a infancia e a natureza”. Así mesmo, a edil insistiu na labor que se fai dende os clubs e asociacións para dinamizar a vila bueuesa.
Presentación da actividade na Axencia de Lectura de Meiro
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029