Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE OBRAS AO CERTAME DE RELATOS MATILDE BARES
[Igualdade]
[Do Mércores, 02 de Agosto do 2017 ao Sábado, 25 de Novembro do 2017]
Foto premiados/as diante do Concello de Bueu
Foto premiados/as diante do Concello de Bueu
O concurso iniciouse no 2005 como unha homenaxe á mestra bueuesa Matilde Bares e supón unha estratexia para reflexionar sobre a igualdade de oportunidades e a violencia de xénero // Os orixinais deberán entregarse antes do 25 de novembro
O Concello de Bueu abre o prazo para participar no VIII Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que se estende ata o 25 de novembro. Tras a aprobación na Xunta de Goberno Local deste martes, publícanse as bases nesta páxina web. Poderán participar homes e mulleres maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
O tema que se deberá abordar terá que estar encadrado na temática da muller. Non obstante, valorarase especialmente o tratamento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais e a prevención e eliminación da violencia de xénero. Os criterios que se valorarán para elixir as obras premiadas serán: a orixinalidade no tratamento do tema, o estilo literario, a creatividade e a utilización dunha linguaxe non sexista.
O premio consistirá nunha dotación de 1500 €, e o gañador/a darase a coñecer no mes de febreiro de 2018.
Este certame, recuperado logo dun parón de seis anos, rende unha homenaxe a Matilde Bares, mestra de labor recoñecida que se esmerou na preparación de ata tres xeracións en Bueu, ademais de ser organizadora de actividades culturais e grupos de teatro. En 1898 daba clases na escola privada da Banda do Río, e o 11 de novembro do 1932 realizóuselle unha homenaxe coa colocación dunha placa conmemorativa na que foi a súa casa en Eduardo Vincenti, 41, e que pon “Os fillos de Bueu en América a Matilde Bares”. Unha homenaxe que foi auspiciada polos emigrantes arxentinos en agradecemento pola súa labor, xa que a moitos deles ensinoulles a ler e a facer contas antes de partir a Arxentina.
Nos seus inicios este concurso erixiuse como unha referencia no sector literario, e ten premiado a varias persoas destacables no campo da cultura. Na primeira edición a gañadora foi Rosa María Martínez Dios co relato “Dúas cunchas”; seguidamente, Xurso Sierra Veloso, con “As dúbidas de María”; Xosé Alfredo Naz Fernández, con “Círculo”, Serafín Parcero Pérez, con “Ollos de cinsa”; María del Carmen Caramés Gorgal, con “Días de namorar” e Alexandre Alonso Alonso con “Xénero imperfecto”.
Tras a quinta edición do premio, o Concello de Bueu publicou un volume especial, titulado “Póker de dramas”, no que se recollían os relatos gañadores da cinco primeiras convocatorias.

Descarga as bases no arquivo inferior.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029