Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O ALCALDE REUNIUSE CO XEFE DA POLICÍA LOCAL PARA O DISPOSITIVO DE TRÁFICO DESTA FIN DE SEMANA
[Veciños]
[Do Mércores, 02 de Agosto do 2017 ao Mércores, 02 de Agosto do 2017]
Reunión dispositivo tráfico fin de semana
Reunión dispositivo tráfico fin de semana
No encontro, que se celebrou esta mañá, estiveron presentes o alcalde e o xefe da policía local, amais dos responsables de ambos os dous eventos: SonRías Baixas e o Campionato de Drons de Carreiras
O alcalde de Bueu e o xefe da policía local da vila mantiveron esta mañá un encontro cos responsables da organización dos dous grandes eventos que se van celebrar esta fin de semana e que suporán restricións no tráfico rodado e no aparcadoiro. Félix Juncal declarou que “estes dous eventos, SonRías Baixas e Campionato de Drons de Carreira, van supoñer un gran volume de persoas asistentes, o que require da maior coordinación posible entre todas as partes implicadas”.
Así, dende este xoves ás oito da mañá péchase o tráfico na rúa O Ferrolán e Xosé María Estévez. Así mesmo, o venres á mañá, nunha hora aínda por concretar, a rúa do Santán quedará con sentido único ascendente. Ademais, á tarde córtase a rúa entre Johán Carballeira nos tramos entre Pazos Fontenla e Ramón Bares e o venres á tarde, cando se peche a zona de acceso á Banda do Río, non se abrirá ao tráfico ata o domingo.
Dende o departamento da Policía Local lembran que os aparcadoiros que estarán dispoñibles son os da lonxa e peirao, o de Alonso e o párking de Massó.
Dende a alcaldía valoran a importancia de que un municipio como Bueu poida albergar estes eventos que “son positivos dende o plano social e económico e que supoñen todo un reto para nós”. Así mesmo, o rexedor solicita a colaboración de toda a cidadanía para que todo saia o mellor posible.
O SonRías Baixas celebrarase xa a partir deste xoves, cun concerto de Pedrá e unha festa de benvida a partir das 22 horas. E o venres e o sábado diferentes grupos de rock pasarán polo Campo da Estacada para facer soar a súa música.
Así mesmo, tamén este venres e sábado, na contorna das Lagoas celebrarase a 1ª Exhibición – competición de drons de carreiras, que inclúe voos acrobáticos e freestyle, obradoiros e charlas relacionadas co mundo dos drons.
Toda a información destes eventos pódese consultar na páxina web do Concello: www.concellodebueu.org.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029