O CONCELLO DE BUEU ENTREGARÁ ESTE VENRES OS COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS
[Medio Ambiente]
[Do Xoves, 03 de Agosto do 2017 ao Venres, 04 de Agosto do 2017]
Visita do alumnado do CEIP A Pedra ao composteiro comunitario das Lagoas
• Os composteiros, que se facilitarán ás 13.00 horas diante da Casa Consistorial, foron facilitados por SOGAMA no marco dun convenio co Concello de Bueu



O Concello de Bueu entregará este venres os composteiros individuais doados por SOGAMA no marco dun convenio. O acto, ao que asistirán membros do goberno municipal, será diante do Concello ás 13.00 horas, e as persoas previamente inscritas deberán recoller o composteiro, así como asinar unha carta de recepción.
Así mesmo, faise un chamamento para que todas as persoas interesadas en obter un contacten co Concello no teléfono 986390029 ou no correo comunicacion@concellodebueu.org.
Con estes composteiros, os usuarios e usuarias participarán ademais no programa de compostaxe doméstica, que será levado a cabo pola Asociación Amigos da Terra e que ensinará á veciñanza como levar a cabo o proceso de forma adecuada, así como a unha inspección do mesmo. Esta iniciativa forma parte dunha campaña posta en marcha pola Mancomunidade de Concellos de Morrazo.
Por outra banda, no municipio están funcionando actualmente dous composteiros comunitarios postos en marcha pola Deputación de Pontevedra.