Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA ESTE SÁBADO A SEGUNDA EDICIÓN DA GHOLIFESTA
[Mocidade]
[Do Luns, 14 de Agosto do 2017 ao Sábado, 19 de Agosto do 2017]
Cartel Gholifesta Bueu 2017
Cartel Gholifesta Bueu 2017
O evento celebrarase na Estacada de 16.00 a 20.30 horas, e contará con diversas actividades e gran explosión de cor
A concellaría de infancia e mocidade, dirixida pola nacionalista Inmaculada Rodríguez, organiza a segunda edición da Gholifesta este sábado, 19 de agosto. A festa, que segue coa filosofía similar á do ano pasado, a da loita pola tolerancia e o amor libre, vén con algunhas novidades. A principal é o cambio de localización e de horario, pois as actividades celebraranse na contorna da Estacada en horario só de tarde, entre as 16.00 e as 20.30 horas.
Nela haberá exhibición de zumba a cargo de Cardiosalud Bueu ás 16.15 horas, sesión de improvisación teatral a cargo de Moito Morro Teatro ás 17 horas, e explosión de cor e música a cargo do DJ Em&Lio a partires das 18.30. A xornada estará presentada pola actriz moañesa Antía Costas e o seu grupo Moito Morro Teatro. O mesmo día da festa vaise poñer á venda un pack que inclúe mochila, camiseta co deseño desta edición e diversas bólas de cores para lanzar durante a explosión de cor. Ese pack terá un custe de nove euros, dos que unha parte se doará á Escola María Soliña na India, dirixida pola canguesa Neneta Herrera. Ademais, ao igual que o ano pasado estará dispoñible un posto de información de saúde xove e diversidade afectivo sexual.
A Gholifesta de Bueu toma como base a tradicional Holi, un festival hinduísta de primavera que se celebra en lugares como a India, o Nepal e algunhas comunidades de orixe indio do Caribe e Sudamérica. Na súa orixe, Holi tamén marca o inicio da primavera, e para moitos o comezo do novo ano. Centos de persoas, a maioría mozos, reúnense nas cidades máis importantes na conmemoración ao amor dos deuses Radha y Krisná. Con pós de pinturas de todas as cores, os asistentes desta festividade píntanse uns a outros creando unha inmensa nube multicolor.
Celebración da Gholifesta 2016
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029