Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA ESTE SÁBADO O I TORNEO DE CHAVE E ANIMA Á PARTICIPACIÓN
[Deportes]
[Do Martes, 22 de Agosto do 2017 ao Martes, 22 de Agosto do 2017]
Presentación do I Torneo de Chave
Presentación do I Torneo de Chave
Os e as participantes xogarán a este deporte tradicional o sábado a partir das 16.00 horas na mazá urbana das Lagoas // As inscricións poden realizarse ata o mesmo día da proba, e vai haber trofeos para os tres primeiros clasificados
As Lagoas será o escenario elixido para a celebración do I Torneo de Chave do Concello de Bueu, organizado coa colaboración da Asociación Tiro Chave do Morrazo. Precisamente a secretaría do colectivo, Beatriz Dasilva, destacou na rolda de prensa deste martes que se trata dun “encontro para fomentar a práctica da chave en Bueu, xa que na liga do Morrazo tan só hai un equipo desta localidade”.
A xornada arrancará o sábado ás 16.00 horas na mazá urbana das Lagoas, e terá a modalidade de xogo por parellas. Aínda que as inscricións están abertas ata o mesmo día (no teléfono 606500646), por agora xa hai anotadas unha decena de parellas de Cangas, Moaña e Sanxenxo, e agardan chegar ás vinte.
A proba será nas Lagoas e disputarase en catro campos. As regras do xogo establecen que cada cinco parellas se conforme un grupo, pasando a xogar nunha modalidade aberta. A continuación, de cada grupo clasificaríanse para a final dúas parellas. Así mesmo, dende a organización destacan que vai haber unha “chave morta” no recinto para as persoas que queiran achegarse ata este xogo pero que non queiran competir no torneo, tanto adultos como rapaces e rapazas.
Ao remate, que está estipulado para as 20.00 horas os e as participantes poderán comer uns petiscos, e farase entrega dos trofeos para o primeiro, segundo e terceiro clasificado.
Na rolda de prensa tamén estiveron presentes Félix Juncal, alcalde de Bueu, e os monitores deportivos municipais Gonzalo Gómez e Andrés Ríos. O alcalde animou a todos a participar deste xogo que “busca manter os nosos costumes e a nosa cultura”
Cartel I Torneo de Chave Bueu
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029