Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CIM DE BUEU ORGANIZA UN OBRADOIRO DE AUTOESTIMA PARA MULLERES
[Igualdade]
[Do Mércores, 30 de Agosto do 2017 ao Martes, 03 de Outubro do 2017]
Unha das concentracións silenciosas organizadas en Bueu con motivo do 25N
Unha das concentracións silenciosas organizadas en Bueu con motivo do 25N
O curso, de inscrición gratuíta, comezará o 3 de outubro e pretende mellorar as fortalezas femininas e a vida persoal e profesional
Dende o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Bueu organízase un obradoiro de autoestima para mulleres. A intención é crear un grupo de traballo dirixido pola psicóloga do CIM onde as usuarias poidan modificar as súas debilidades e mellorar as súas fortalezas, de xeito que se produzan avances na vida persoal ou profesional. O curso, que é gratuíto, desenvolverase os martes de 10:00h a 11:00h e comezará o 3 de outubro, cunha duración total de oito sesións. As inscricións poden realizarse presencialmente no CIM, así como por teléfono (986.32.43.95) ou correo electrónico (psicologacim@concellodebueu.org).
Algúns dos conceptos que se van traballar son a definición da autoestima e a súa construción, exercicios para aumentar a autoestima e a confianza persoal, aprendizaxe de técnicas para descubrir os recursos persoais e afrontar os pensamentos negativos, e creación dun discurso sobre a propia valoración persoal.
Por outro lado, dende o CIM tamén están pechando unha reunión cos centros educativos da vila para desenvolver os obradoiros sobre coeducación que se encadran no 25N, Día Internacional da Non Violencia Contra as Mulleres: "igualdade de oportunidades entre homes e mulleres", "prevención da violencia de xénero" ou "estereotipos e roles de xénero", que son os que se desenvolven cada ano escolar
Cartel obradoiro autoestima mulleres
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029