Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU APROBA EN XUNTA DE GOBERNO O PROXECTO DA PISCINA MUNICIPAL
[Obras e Servizos]
[Do Xoves, 31 de Agosto do 2017 ao Xoves, 31 de Agosto do 2017]
Grupo de goberno na parcela onde se construirá a piscina
Grupo de goberno na parcela onde se construirá a piscina
A construción desta infraestrutura concorrerá á liña de subvencións para equipamentos singulares que aprobou a Deputación de Pontevedra
A Xunta de Goberno Local do Concello de Bueu, en convocatoria extraordinaria, aprobou este xoves o proxecto de construción da piscina municipal de Bueu, que está redactado polo arquitecto municipal Fernando Baeza e que concorrerá á liña de subvencións para equipamentos e dotacións singulares da Deputación de Pontevedra.
O ente municipal agarda poder obter o apoio provincial cunha contía económica importante que permita a viabilidade financeira desta infraestrutura tan necesaria para Bueu dende o punto de vista deportivo e da saúde e benestar.
A futura piscina municipal, cun orzamento de 2,8 millóns de euros, construiríase nunha parcela das Lagoas, que ten unha superficie total de 1863 metros cadrados. Amais do vaso da piscina cunha dimensión de 12 x 25 metros, habería diversos espazos nos que se relacionan a saúde e o deporte, tales como sala de aerobic, sala de relaxación, sala de fitness, sala de masaxes, e sauna.
Dende o goberno local están recibindo moitas mostras de apoio social, o que se puido palpar a pé de rúa ao longo das últimas semanas, demostrando así que é un proxecto prioritario, xustificado pola súa faceta deportiva mais tamén pola do benestar, “pois detéctase que moitas persoas teñen necesidade de ir a piscina pola súa saúde”, declarou o alcalde. Durante os últimos anos, o goberno estivo barallando as diversas opcións para poder financiar esta infraestrutura, e incluso se licitou un estudo de viabilidade que é probable que poida estar listo nos próximos días.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029