Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
CONVOCATORIA PLENO SETEMBRO
[Xeral]
[Do Xoves, 14 de Setembro do 2017 ao Xoves, 14 de Setembro do 2017]
A sesión celebrarase o 14 de setembro ás 21.00 horas na Casa do Concello
O salón de sesións da Casa Consistorial celebra o xoves 14 de setembro, ás 21.00 horas, un novo pleno ordinario. Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A)PARTE RESOLUTIVA

1. Aprobación das actas das sesións: ordinaria nº 8/2017 celebrada o 3 de xullo e extraordinaria nº9/2017 celebrada o 28 de xullo.
2. Ditame sobre Resolución de alegacións e aprobación definitiva do Orzamento Municipal para o exercicio 2017.
3. Ditame de estimación do recurso de reposición interposto por Aqualia contra acordo plenario de 6 de xuño de 2015 de imposición de sanción por comisión de falta administrativa moi grave.
4. Toma de razón da renuncia ao cargo do concelleiro da corporación municipal do Concello de Bueu formulada por D. Juan Carlos Eirea Eiras.
5. Moción presentada polo GPM ACB-SON para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público e a salvagarda da memoria histórica.
6. Moción presentada polo GPM ACB-SON relativa ao apoio ás reivindicacións dos parques de bombeiros dependentes do Consorcio de Pontevedra.

B)ACTIVIDADE DE CONTROL

1. Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
2. Memoria seguemento Plan de Axuste. 2º trimestre do exercicio 2017.
3. Informes de morosidade e PMP 2º trimestre 2017.
4. Dación de conta Informe de Execución do Orzamento do Concello e IMD correspondente a 2º trimestre 2017.
5. Dación de conta acordo XGL 23.06.2017 de solicitude de subvención para SUBMINISTRO DE MOBILIARIO EN XERAL PARA O SERVIZO DE ACTIVIDADES MUNICIPAIS (Plan Concellos 2017).
6. Dación de conta do acordo de XGL 31.08.2017 (aprobouse o proxecto conforme a competencia delegada polo pleno): Solicitude de subvención e aprobación de proxecto para a construción dunha piscina municipal cuberta no Concello de Bueu.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029